Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Zeltia e Irevire

A banda «Zeltia e Irevire» emprende a súa carreira musical no ano 2018, da man da compositora e cantautora galega Laura Zeltia Acuña Barros e a fusión do estilo de percusión de Migui Carballido. Con corazón de Folk Tribal e aberta á mestura de estilos, caracterízase pola súa plasticidade e orixinalidade, polo que dependendo da ocasión, poderedes atoparvos cunha versión ou outra da súa arte.

Neste caso, a súa versión en trío acústico componse pola propia Zeltia á voz e guitarra acústica, Migui Carballido ao bodhran e Cibrán Seixo Pazos ao violín.

Galego

Malditos Roedores

A combinación perfecta para o éxito vén da man do guitarrista e produtor Luís Miguélez, que nos deixou entre moitos outros o fabuloso disco ?Rockstation? de MacNamara, e do perfomer e cantante Antonio Glamour nun conseguido novo proxecto chamado Glamour To Kill (GTK). (Antonio) Luís e eu coñecémonos de hai moitos anos. De súpeto un día atopámonos e ambos nos damos conta de que é o momento apropiado para facer xurdir GTK?. (Luís) Cada un viñamos de facer historias diferentes.

Galego

Broa + Dioivo

A banda dos blackers galegos Dioivo presenta o seu álbum debut «II«.
«II» presenta oito cortes dun brillantísimo black metal melódico, incriblemente técnico, con trazas de thrash americano e cantado en galego.

Dioivo mestura no seu son black metal melódico de corte sueco de moitos quilates tocado cunha técnica abafadora, engádelle trazas de thrash americano, interludios acústicos e un puntiño progresivo ao Voivod, ponlle encima unhas voces rasgadas cantadas en galego e? Uala. Un son tremendamente orixinal e moi difícil de encasillar.

Galego

Rufus Wainwright

Criado polo New York Times polo seu xenuína orixinalidade, Rufus Wainwright estableceuse como un dos grandes cantantes e compositores masculinos da súa xeración. O cantautor nado en Nova York e criado en Montreal lanzou sete álbums de estudo, tres DVD e tres álbums en vivo, incluído o fantástico Rufus Does Judy, nomeado ao Grammy no Carnegie Hall, que capturou a súa soada actuación en homenaxe a Judy Garland no London Palladium en 2007, e o álbum Release The Stars que foi Gold en Canadá e o Reino Unido.

Galego

Bule

A influencia dos seus grupos favoritos de punk, power pop, new wabe? reflíctense nos EP´s desta banda de Pontedeume. Letras en galego con moitas referencias cinematogáficas, lúdicas e de experiencias vitais.

Galego

Samuel Dix

Memoria dá melancolía é a nova proposta artística do guitarrista e investigador tudense Samuel Diz. Un espectáculo musical e literario que percorre a autobiografía da escritora e activista feminista María Teresa León (1903-1988) con partituras orixinais da xeración do 27 e o exilio republicano de 1939, interpretadas na réplica da guitarra orixinal de Federico García Lorca ao carón do oboísta Benxamín Otero e as lecturas da obra de León, en tradución ao galego, por Yolanda Castaño.

Galego

Galicia Emerxe | Concerto de Laura LaMontagne & PicoAmperio

Os concertos do 'Galicia Emerxe" son de 40 minutos de duración. Comezaron a emitirse o 13 de xaneiro nas ‘Noites Temáticas’ da G2. Os espectadores tamén teñen a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle da TVG os sábados arredor das 10.40 h. Unha vez rematada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00h os sábados.

Galego

Galicia Emerxe | Concerto de Sumrrá

Os concertos do 'Galicia Emerxe"  son de 40 minutos de duración. Comezaron a emitirse o 13 de xaneiro nas ‘Noites Temáticas’ da G2. Os espectadores tamén teñen a oportunidade de ver estes concertos na primeira canle da TVG os sábados arredor das 10.40 h. Unha vez rematada esta emisión, cada recital estará dispoñible na web da CRTVG e tamén poderá escoitarse en Radio Galega Música a partir das 22.00 h dos sábados.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto