Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Tor- Folk Céltico de Galiza

O repertorio do grupo compóñense de popurrís  ou sets  de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Galego

La Sra. Tomasa

O grupo barcelones, La Sra. Tomasa arrinca a xira do seu terceiro disco "Alegre pero perigoso" (Guspira Records 2020). Estas son as primeiras datas nas que poderedes ver a este grupo.

La Sra. Tomasa é un grupo español que fusiona xéneros latinos, electrónicos e urbanos. Fincado en Barcelona, naceu en 2012. Está integrado por sete compoñentes e traballa coa discográfica Guspira Records. Nos seus oito anos de traxectoria, a banda publicou tres discos e participou en múltiples festivais, tanto nacionais como internacionais.

Galego

The Corporation

The Corporation é unha banda de Milwaukee de fugaz existencia, nacida en 1968 e disolta a mediados de 1970, con só tres gravacións en toda a súa carreira, a que nos ocupa é a máis coñecida e a que lles deu certa notoriedade, sobre todo por "India", a peza de John Coltrane que os irmáns Kondos e compañía reinterpretaron, cargada de sons sicodélicos e nun inobjetable ton roquero.

Galego

Jas Processor

Concerto de música electrónica. Con máis de 15 anos de carreira ás súas costas, Jas Processor é un investigador e un cazador de tendencias musicais contemporáneas e do pasado. 

Galego

Lóstregos

A banda local que fusiona á perfección o black metal co heavy metal, formará parte da próxima edición do Resurrection Fest.

O grupo galego estará a compartir escenario con grandes bandas como Slayer, Slipknot, Testament, Cradle of Filth, Lamb of God e moitos máis.

No ámbito nacional, compartirán escenarios do festival de Viveiro cos seus compatriotras Strikeback e cantidade de bandas nacionais como Leo Jiménez, Mute, Childrain, Wormed, Trallery, Vhäldemar, Brothers Till We Die, Talesien, ...

Galego

Crimson and Clover

Crimson and Clover é unha nova banda de hard rock con influencias dos 70. Beben de bandas como Led Zeppellin e Fleetwood Mac, ou The Beatles, e mesmo das vertentes mans do xenero da epoca como Triana ou Miguel Rivos. Os seus directos, atravesan estilos e xeneros, con composicións propias en castelán e en inglés.

Como grupo novo, pretenden achegar ás novas xeracións á esquecida cultura rock. A pesar de levar apenas nove meses dende a sua fundacion como grupo, Crimson and Clover acumula unha decena de directos, e atópase gravando o seu primeiro EP.

COMPOÑENTES:

Galego

Octopus’s Garden

Octopus´s Garden é unha banda coruñesa de influencias moi diversas. Foi o rock and roll e sobre todo a influencia de The Beatles a faísca que acendeu a mecha, creando un nexo común primeiro e un proxecto de ?banda-tributo? aos de Liverpool, despois.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto