Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Project Five

Este novo proxecto une no escenario a músicos profesionais de longa traxectoria con novas promesas do jazz. Trátase dun grupo que, a pesar de nacer recentemente, conta cuns músicos que levan anos tocando xuntos en diferentes formacións e que queren agora desenvolver aquí un son moderno con standards, temas actuais de grandes compositores e mesmo algúns propios, pero todos eles con algo en común: un aire fresco cunha linguaxe que combina o bebop, o hard-bop e o mellor do latin-jazz.

Galego

Allova

O proxecto da rusa afincada na Coruña Alla Mikhaylova presentará nos concertos de Retroalimentación o seu disco de debut. Grávao nestes momentos e verá a luz nas próximas semanas. Movéndose no trip-hop e a indietrónica, Allova mestura sons electrónicos e beats con sons acústicos dos instrumentos e a voz, logrando un son hipnótico e suxestivo. Este o levou xa por varios festivais con notable éxito.

Galego

Isma B

Apaixoado coñecedor de todas as vertentes da música electrónica , case a modo enciclopedico,comeza a deixarse levar por estes sons para mediados dos 90 cando na súa cidade natal comeza este movemento coa chegada dos primeiros eventos con artistas cono Óscar mulero Cristian varela etc... Influenciado nesa época polo máis puro son Detroit de Jeff Mills , Derrick May , Kevin Saunderson, Juan Atkins... Comeza a súa apaixonada carreira polo coñecemento dos sons máis vangardistas.

Galego

High Society Jazz Band

O noso obxectivo é brindar á nosa audiencia unha idea dos diferentes aspectos do jazz, desde o estilo clásico de Nova Orleans de Oliver, Armstrong e Morton, pasando polos arranxos axustados de Ellington, ata a era do swing de Goodman, recoñecendo a Bix e Nova Orleans. Revivalistas no camiño, xogaron con respecto pero tamén con moita orixinalidade. Pero sobre todo, queremos entreter e que o noso público divírtase e goce da música tanto como nós.

Galego

Greasy Belly

O rock americano e o country rock son a sua bandeirra. Músicos de bandas como Malpaso, EXIT… levan  a sua paixón por este estilo musical que tanto gosta na afección de Mardi Gras ai esceario, con composicións propias e versións dalgún clásico do xénero que sempre se cae no repertorio- Anímate que é unha oportunidade de velos en pleno New Orleans de Monte Alto.

Galego

As sonoridades do tango: De Bach a Piazzola

O tango arxentino é un xénero poliédrico que amosa multitude de facianas. O Dúo Fracanapa interprétao en forma de música de Camara Concertante para violín e bandoneón, cuns arranxos suxestivos que se traducen en perlas para o ouvido. Os tons extremadamente sensibles ainda que poderosos do violín, compiten coma nun combate de loita libre, acadando unha intensidade que vai dende a nostalxia até a mais fonda alegría de vivir.

Galego

Clunia

En 1982 despois do seu bautismo sendo abreconciertos de Wynton Marsalis no Festival de Jazz da Coruña gravan o seu primeiro disco, Clunia Jazz. Únese á formación o saxofonista, xa desaparecido, Antonio Cal. No ano 1983 participan en diversos certames, obtendo o segundo premio no Concurso Internacional do Festival donostiarra e o primeiro premio á mellor composición e arranxos para Nani García. Ademais, participan nas primeiras Xornadas de Jazz de Santiago de Compostela xunto a Tete Montoliu.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto