Los Enemigos
A mítica banda Los Enemigos presenta o seu novo disco, Vida Intelixente. Trátase dun disco rock cun toque emotivo sobre temas como a natureza, o destino, as relacións persoais e a liberdade, pero sen caer en tópicos.
Este disco está producido por Carlos Martos e nos temas que o compoñen poderanse apreciar influencias de Ray Davies, The Stranglers, John Hiatt, AC/DC, Big Star ou os Buzzcocks, entre outros.

