Deleiba + Free City
Deleiba nace en 2017 ao unirse cinco músicos de Muros (Galicia) con experiencia previa noutros grupos como Trapos Sucios ou Mestre. En 2019 presentan o seu primeiro traballo El último eslabón con múltiples influencias de rock de grupos como Foo Fighters ou A Polla Records. En 2020 presentan o seu segundo traballo «MMXX», probando novos horizontes e evolucionando o seu característico son.

