Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Marina Gundín & The Misters

Marina Gundín & the Místers, é un proxecto que une a sonoridade dun quinteto de jazz ao uso, con arranxos e temas propios que achegan personalidade e frescura no seu directo.
Os seus integrantes, suman as súas experiencias e sons particulares, para conseguir transportar ao oínte ao swing de mediados de S. XX , nun ambiente actual. A voz de Marina Gundín, ten como inspiración a Billie Holiday e Ela Fitzgerald, entre outras.

Galego

Alain Pérez

Excelente baixista, percusionista, pianista, cantante, compositor e arreglista, este mozo cubano ha recibido os mellores eloxios da crítica musical. Cultivador e defensor da salsa, a timba e o Latin-Jazz, ten no seu haber unha ampla discografía e a creación de temas tan incribles e novos como La sandunguita e Con la punta del pie.

Galego

Savoy Club Big Band

Unha vez máis a Savoy Club Big Band no Garufa Club, dirixida por José Somoza. A agrupación ofrecerá un repertorio baseado no latin jazz. A actuación quere lembrar ás das grandes bandas e intérpretes da época, como Xavier Cugat e a súa orquestra, Tito Rodríguez, Tito Puente ou a Afro-Cubans de Machito e Mario Bauzá. 

 

Galego

Syberia + Hongo

Syberia é un grupo de rock instrumental formado en Barcelona en 2010. Está composto por Óscar (guitarra), Jordi (guitarra, sintes e programación), Quim (baixo) e Manel (batería).

Teñen tres discos: Drawing a Future (2012), Resiliency (2016) e Seeds Of Change (2019). As súas cancións son como unha montaña rusa onde as dinámicas son as grandes protagonistas, intercalando pasaxes relaxadas con momentos máis contundentes. Os seus discos

son un decálogo de rock instrumental que se inclinan conscientemente cara ao rock instrumental e o post metal.

Galego

Naike Ponce

Cantaora e bailaora de Sanlúcar de  Barrameda, forxa os seus cimentos entre Jerez de la Frontera, Cádiz, Sevilla e Madrid, herdando da súa familia o amor pola arte e polo Flamenco. A pesar da súa mocidade, posúe unha voz con moito corpo e poder, característica das súas paisanas, manexada por un músico áxil e versátil.Domina a inmensidade dos paus flamencos, e ao longo da súa traxectoria, enriqueceu o seu estilo bebendo das fontes doutros xéneros musicais, descubríndoos e  reinventándose.Con Gaizka Baena á guitarra.

Galego

Matinais Musicais | Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia

O Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia pecha esta novo ciclo das Matinais Musicais da Cidade da Cultura na mañá do domingo 12 de decembro. Nesta ocasión teremos a oportunidade de escoitar as voces do coro sen a orquestra á que normalmente acompañan, nun programa escollido de música a capella que nos levará dende o barroco á música contemporánea a través das pezas de Henry Prucell, Johann Sebastian Bach, Ola Gjeilo e Rudolf Mauersberger.

Galego

Nando Agüeros- Somos Tierra Tour

Despois do seu último disco de estudo con cancións inéditas Indomable (2018), o cantautor cántabro presenta doce novas cancións nun traballo titulado Somos Tierra. Producido por Iván Castañeda foi gravado entre o estudo persoal do artista e os estudos SonoArc de Camargo en Cantabria.

A terra marca e os que nacemos nunha contorna determinada somos os que creamos certo vínculo con ese lugar. Os nosos antepasados foron forxando o que somos hoxe, por iso creo que en esencia todos nós somos terra

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto