Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Novas vellas melodías con Pablo Díaz

 

Concerto de 50 minutos no que Pablo Diaz e mais o guitarrista Rubén Barros farán un percorrido polas cancións máis populares dos seis traballos de Pablo, empezando polos temas do último traballo “Coas miñas mans” ata chegar aos máis famosos e coñecidos “O reloxo de Alberte”, “O moucho chosco”, etc. Asimesmo, Pablo e Rubén incorporarán temás inéditos que por primeira vez se tocarían en público neste espectáculo.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445.

    Galego

    Los Enemigos

    Los Enemigos –grupo esencial do rock en castelán con máis de tres décadas de traxectoria e un cancioneiro clásico de principio a fin– abandonan a trincheira e desbaratan calquera simulacro de resistencia en apenas tres minutos. Enteiros, como sempre. Desatados como nunca. Feros e tenros, como a vida mesma.  Engastando palabras maiores en versos de arte menor. Coa determinación que require toda conquista.

    Galego

    Combo Paradiso

    En novembro de 2020 o grupo gravou o seu primeiro disco “Loco Vaivén” nos Estudos do Náutico de San Vicente. Un primeiro traballo con cancións propias presentado baixo o novo nome da banda Combo  Paradiso. A elección deste nome non é casual, evoca a condición latina dos seus compoñentes e a súa intención de atopar nas súas raíces a inspiración deste novo proxecto.Nel, tenden unha man ao conxunto de músicas latinoamericanas a través dun idioma común e trasládano á linguaxe musical propio da banda.

    Galego

    Alain Pérez y La Orquesta

    Alain Pérez é un baixista cubano que se trasladou a España e con el, chegou o seu talento. O seu dominio é espectacular, tanto que asegura pensar cos dedos. Traballou con artistas de renome, como Paco de Lucía, e tamén conta con discos en solitario.Visitando diversos lugares por todo o mundo, é capaz de fusionar diversos estilos na súa música. Así, poden distinguirse nas súas cancións o estilo jazz, flamenco, os boleros, o funky o soul ou a guaracha, todos conseguidos dun modo excepcional.Os primos pasos no mundo da música, Pérez deunos aos oito anos.

    Galego

    Nil Moliner

    Co seu disco debut “Bailando en la Batalla” alcanzou o nº2 na lista oficial de vendas de álbums en España e o nº1 como artista español na súa semana de saída.

    Galego

    Fernandocosta

    Fernando Costa, aka Fernandocosta, ibicenco de nacemento e criado entre a mesma Eivissa e Granada a partes iguais, é un dos protagonistas da nova xeración do hip hop español xurdida á calor das redes sociais e Youtube. Avalado polo dúo granadino Ayax e Prok (xunto ao que compartiu xira e que pertence ao seu grupo de colegas), Fernandocosta dá un impulso ao xénero cun estilo old school que non despreza incursións ao urban. Letras traballadas sobre temas cotiáns e a pé de rúa son a base dunhas rimas fluídas e elegantes que están a levar a Fernando ao olimpo do hip hop nacional.

    Galego

    XXIV Certamen Internacional de Cuarentunas

    Organizado pola Tuna de Veteranos de Medicina de Santiago, os días 26 e 27 Novembro 2021 celébrase o certame anual da Federación Internacional de  Cuarentunas. Participan 24 Cuarentunas con máis de 500 compoñentes en total de España, Portugal, Holanda.Durante todo o sábado 27, as diferentes agrupacións actuarán no Auditorio Abanca, de 11.00 a 14.00 e de 17:00 a 21:00

    Galego

    Triángulo de Amor Bizarro

    Triángulo de Amor Bizarro, gañadores en dúas edicións do prestixioso Premio Ruído outorgado pola prensa especializada ao mellor disco do ano (con ‘Salve Discordia’ en 2016 e con ‘Triángulo de Amor  Bizarro’ nesta última edición) non podían faltar á cita de Tomavistas Extra en 2021 tras estar xa en tres edicións de  Tomavistas en 2014, 2016 e 2019. É dicir, únenos a eles algo máis alá do respecto, recoñecemento e amor sen fin.Punta de lanza desde fai máis dunha década da escena alternativa nacional, os galegos seguen en plena forma, superándose con cada novo álbum que editan.

    Galego

    Sharon Corr

    Membro do lendario grupo irlandés, Sharon Corr estará en concerto en Vigo o 21 de xaneiro no Auditorio Mar de Vigo presentando o seu novo disco en solitario «The Fool and The Scorpion». Tras a súa exitosa carreira con The Corrs durante 23 anos e con máis de 45 millóns de discos vendidos grazas á súa mestura única de pop, música celta e rock, coa separación do grupo iniciou a súa carreira en solitario.

    Galego

    Páxinas

    Subscribirse a RSS - Concerto