Vera Fauna
Imaxinen que o cantante dos Nikis desfíxose da súa colección de discos dos Ramones para dedicarse a coleccionar bootlegs de Love e The Seeds. Ou mesmo pensen nos Fumaça Preta empachados de pirulas con forma de nube Kinto.

Imaxinen que o cantante dos Nikis desfíxose da súa colección de discos dos Ramones para dedicarse a coleccionar bootlegs de Love e The Seeds. Ou mesmo pensen nos Fumaça Preta empachados de pirulas con forma de nube Kinto.
Purple Rei volve ao Garufa Club. Esta singular homenaxe a PRINCE Rogers Nelson volve á sala coruñesa presentando o seu segundo EP: ‘PURPLE REI volume II’. PURPLE REI amosará o seu contundente directo reinterpretando en galego os clásicos da primeira década do artista de Mineápolis, desde o seu álbum debut ‘For you’ ata o seu celebrado ‘Lovesexy’, pasando por referentes como ‘Dirty mind’, ‘Purple rain’ ou ‘Sign of the times’.
Furious Monkey House volve á carga para presentar o seu novo álbum Oneiric na Sala Karma de Pontevedra.
No novo traballo percíbese un salto musical enorme, onde a banda toma texturas máis densas e escuras, cargadas de samples, sintetizadores e reverb.
Fito Mansilla é un cantautor diferente. A atmosfera que crea unha vez sóbese ao escenario é única no circuíto.
Visions of Atlantis é unha banda de Power metal sinfónico que ten a súa orixe en Estiria, Austria, e foi fundada no ano 2000. A inspiración veu tanto da exitosa banda de power metal sinfónico Nightwish como do mito da Atlántida. A combinación igualitaria de voces masculinas e femininas distingue a Visions of Atlantis de Nightwish, e faia lembrar máis a bandas como Lacuna Coil.
Malditos Pendejos, banda que leva desde o 2016 en activo facendo entre 70/90 concertos ao ano, con dous discos gravados, 2019 e 2022 " O puto Rock & Roll" e "Revivir" ( este producido por Santiago Campillo de Mclan nos estudos "Niculina Records" de Murcia. A banda ofrece un repertorio a base de Covers do rock español e temas propios. O repertorio de covers está formado por máis de 90 cancións que a banda elixe segundo o público que está a gozar esa noite do concerto, pode pasar desde A Unión, Tequila, Manolo García, Homes G, Loquillo, Los Ronaldos, Los Secretos e un longo etc...
Atreides, con 3 discos ás súas costas e varias xiras nacionais compartindo cartel con Rhapsody of Fire, Avalanch, Firewind, Striker...volven a Vigo para repasar o seu disco ¨Ordalía¨, recoñecido nos principais webzines nacionais como un dos mais destacados de 2021.
Ao seu lado estrearase a banda de power metal Unchosen Ones, quen ademais presentan tamén o seu primeiro disco.
A cita será o 1 de Abril na Sala Transylvania ás 21:30H. Entradas anticipadas xa á venda en www.entradium.com
Néstor Pardo montou a súa primeira banda con 19 anos e desde entón percorreu todos os xéneros de raíz afroamericana, do blues ao rockabilly, pasando por o rhythm & blues, o country e folk. En 2008 emigra a Madrid para finalizar os seus estudos de Música Creativa e contacta con Roi Fontoira, con quen monta unha banda de R&B e Swing coa que percorren diversos países europeos, antes de emprender a súa carreira en solitario e gravar dous discos con temas propios. Profundando no seu coñecemento do blues, tras os últimos meses vivindo e actuando en EEUU, volta a xirar pola península.
Another Wasted Year é unha banda de pop punk formada en 2020 na Coruña. Onde 5 mozos de entre 18 e 24 anos no medio da pandemia mundial e coa sensación de estar a perder o tempo tiveron a idea de formar este grupo e o camiño para seguir. A banda destaca polas súas influencias punk, así como polos seus retrousos rápidos e pegadizos que fan que o grupo se sitúe dentro da nova escena de bandas de pop punk.
Ailá é un dos representantes máis novos das Tribos Tradis, un xénero que excede ao musical no que a danza e a música pasan a converterse nunha forma de entender a vida, unha forma de estar no mundo.
Ailá son: Ángela Carou (voz e percusións), Manuele Pardo (voz, percusións e gaita), Abel Gañete (Trompeta e Fliscorno) e Xan Pampín (Acordeón e Bombo).