SON Estrella Galicia: Vega
Vega é Mercedes Mígel Carpio (Córdoba, 1979). A súa traxectoria profesional comezou en 2003, coa publicación do seu primeiro álbum India, que obtivo un disco de platino en vendas. Xa desde o seu primeiro disco despuntaban as súas composicións: letras especiais e con mensaxe acompañadas de melodías con garra que, inevitablemente, situárona como unha das mellores compositoras do noso país.

