SON Estrella Galicia: Shout Out Louds
Shout Out Louds formáronse a principios de século en Estocolmo, a partir de amizades de infancia alongadas no tempo. O seu primeiro single saíu en 2003, igual que o primeiro EP. En 2005 tocoulle a quenda á longa duración de debut, Howl Howl Gaff Gaff. A esas alturas viraban xa internacionalmente e aclamábaselles no seu país natal. A descarga de enerxía, as cancións que dan ás, de son ultramelódico, todos os seus trazos estaban aí desde o principio. A fonte, o pop dos sesenta, filtrado, iso si, polo indie dos oitenta e os noventa, pero sen perder o entusiasmo do orixinal.

