Ciclo Voices 2024- Mahmood
As dúas cancións coas que representou a Italia en Eurovisión superaron os 200 millóns de reproducións en Spotify -só outras dúas máis o conseguiron na Historia- e, con todo, non se alzou co triunfo con ningunha. Brividi, o seu segundo intento, coa que compartía escenario con outra gran estrela do panorama musical transalpino, o bresciano Blanco, conseguiu entrar no top 5 mundial das cancións máis escoitadas around the world a poucas horas de soar por primeira vez no Teatro Ariston de San Remo. 62 millóns en tan só catro horas.

