Pandemonium Covers Band
Pandemonium Covers Band é unha banda de covers en formato de trío formada no ano 2020 e composta por Joaquín Morgado á voz e guitarra, Alejandro Lorenzo ao baixo e coros e Lois Cancelas á batería.
O repertorio de Pandemonium Covers Band componse de versións en inglés nun amplo abanico de xéneros incluíndo indie, rock´n roll, postpunk, garage, grunge, procurando escapar dos megaéxitos recorrentes tan reinterpretados xa. É este criterio á hora de seleccionar os temas a versionar o que dota a esta banda dunha personalidade moi particular que a diferenza das demais bandas de covers.

