Atardecer no Gaiás 2023: Dulzaro
Produtor, compositor e cantante valisoletano. Formado na súa cidade natal e na Mountview Academy of Theatre Arts de Londres en canto, produción musical e teatro.
Tras investigar no folclore de Castela e León, os seus ritmos e instrumentos, e formarse en percusión tradicional da man de Vanesa Moia, en 2020, crea o seu nome artístico DULZARO, utilizando como inspiración a dozaina -instrumento principal en Castela e León- e tomando como referencia as gravacións tradicionais recompiladas por Joaquín Diaz, Agapito Marazuela e Eliseo Parra, para moldear as súas cancións.

