Yellow Dog Conspiracy
É un feito que, no noso veciño Portugal, existe un movemento de bandas de Rock á altura do que se cociñaba en UK ou USA tempo atrás. E é que o Rock tivo que adaptarse a non estar ligado a unha área xeográfica en concreto, para non pasar a ser un fósil musical. Portugal e España comparten unha nova onda de bandas que practican Rock de todos os estilos e comparten tamén unha forma de entender a música baseada no traballo minucioso do día a día. Como os artesáns que non teñen un prazo de entrega máis aló da súa propia convicción de finalizar un traballo que alguén ten que gozar.

