Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Composfest

O club de fútbol SD Compostela, seguindo o lema que ven acompañando ao equipo toda esta temporada, levará a cabo un festival na Praza de Quintana, o venres 19 de maio, que se enmarcará no programa festivo do Concello de Santiago. O cartel, composto por artistas e agrupacións cunha forte ligazón con Compostela, estará protagonizado por Carlangas, Ruxe Ruxe, Nastasia Zürcher e o regreso de Moncho Lago y Los Apóstoles.
 

Galego

Coro Alegro de Bilbao

O coro Alegro é unha iniciativa da Sociedade Coral que se remonta ao ano 2003 coa intención de crear un espazo no que os familiares dos alumnos do Conservatorio poidan aprender, compartir as súas inquedanzas e amor pola música.
Dende entón, a Coral ofrece infinidade de concertos en Bilbao, A Rioxa, Palencia, León, Ávila, Touro, Caleruega, Roncesvalles e, fóra das nosas fronteiras, tamén en Burdeos e Viena. Dirixida por Emma López Lorente. Estivemos orgullosos de participar en 4 edicións do Mesías participativo no Palacio Euskalduna.

Galego

LaMontagne & Pico Amperio

A banda, integrada por Laura LaMontagne & Pico Amperio, achegará un punto de contemporaneidade ao programa coa súa orixinal proposta, que tende pontes coas músicas e tradición galego-portuguesa das cantigas de amigo, traéndoas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos; un diálogo entre pasado, presente e futuro a través do hip hop, a abstracción ambient, o folclore, melodías suaves, e a world music.

Galego

Concerto de LaMontagne & Pico Amperio

O proxecto musical LaMontagne & Pico Amperio actuará o vindeiro martes 18 de abril, ás 20.30h, no Riquela Club de Compostela. O evento forma parte do programa cultural “A Lingua e o Reino. Entre Compostela e Braga”, organizado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Rede da GaliLusofonia, e que ten por obxecto a promoción e divulgación da nosa época de esplendor medieval, en concreto, da lingua galego-portuguesa.

Galego

Antía Muíño

Antía Muíño presenta en directo las canciones de "Carta Aberta", un flamante álbum debut con él que la compositora transita climas que van desde el jazz vocal a la música tradicional, la canción alternativa de autor y el folk más sensitivo.

Galego

Dani Flaco

Despois de máis dunha década sobre os escenarios, con 7 discos no mercado , e máis de mil concertos ás súas costas, agora Dani Flaco preséntanos o seu novo traballo «Ao Alimón».
Un proxecto no que se ve reflectido o respecto e o agarimo de moitos compañeiros cos que puido compartir esta aventura. Amigos como M-Clan, Andrés Suárez, Santi Balmes, Javier Ruibal, Manolo García, Ismael Serrano, Rebeca Jimenez, As Faragullas, Álvaro Urquijo, Pedro Guerra ou Marc Ros acompáñanlle neste novo proxecto.

Galego

Los de Marras

En abril de 2021 sae á rúa PELIGRO ESPERANZA, o seu sétimo e último disco. Un traballo que nace nun momento onde era perigoso ter esperanza. Neste último disco, LOS DE MARRAS volven sacar os sentimentos que lles saen dos adentros tentando rozar a corazóns feridos como os deles.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto