Bratzantifa
Bratzantifa é un grupo composto polas artistas ferrolás Lucía Amado e Mariña González. Co seu son pop e a actitude punk, combinan os temas gravados co móbil cunha crecente presenza en festivais como o Noroeste ou o Revenidas.

Bratzantifa é un grupo composto polas artistas ferrolás Lucía Amado e Mariña González. Co seu son pop e a actitude punk, combinan os temas gravados co móbil cunha crecente presenza en festivais como o Noroeste ou o Revenidas.
Tras 7 anos de inactividade case total, Jero anuncia via redes sociais, en febreiro de 2022, a inminente saída dun novo LP titulado Miracoloso. O disco, autoeditado, sae en xuño cunha preventa de 600 copias en vinilo que se esgotan en 2 horas. En novembro de 2022 publícase nas plataformas dixitais e desde entón coouse entre o mellor do ano 2022 nos medios especializados. Os seus 2 discos anteriores e as xiras correspondentes colocáronlle como un dos músicos máis inspirados e persoais da música española. Os seus directos deixan pegada en quen asiste.
High Paw e Elephants Yard levan xa uns anos colectivizando esforzos e creatividade no campo da música reggae viguesa e galega, organizando numerosos concertos, jams de reggae, actuando como banda basee e de estudo para diferentes artistas. Na súa discografía atópanse publicados o sinxelos "Exame" e "My amornes".
High Paw e Elephants Yard levan xa uns anos colectivizando esforzos e creatividade no campo da música reggae viguesa e galega, organizando numerosos concertos, jams de reggae, actuando como banda basee e de estudo para diferentes artistas. Na súa discografía atópanse publicados o sinxelos "Exame" e "My amornes".
Morgan volven aos escenarios despois de case 2 anos coa súa xira The River Tour, para presentar o seu terceiro traballo de estudo titulado the river and the stone. O novo álbum de estudo de Morgan é un conxunto de dez cancións nas que empezaron a traballar tras o confinamento en 2020. The River and the Stone é o resultado de moitas conversacións, moitas horas de creación conxunta e, sobre todo, de gozar de facer música con amigos. Tras case un ano de traballo viaxaron a Francia, ao estudo Lle Manoir de León, xunto a Campi Campón na produción.
A banda Sr. X Nace en Ferrol no 2015 no barrio de Canido. Unha banda moi ecléctica, fusionando diversos estilos como son o reggae, o ska ou o soul. Cun amplo repertorio de temas clásicos e actuades sempre levados ao seu terreo, cun obxectivo moi raro, facer mover o esqueleto aos presentes. Tras algúns pequenos cambios na formación orixinal, os integrantes actuades son: Tania Redondo (voz) Miguel Vilar (guitarra) Sonic (baixo) Gelocho (batería) Rubo Ferreira (trompeta) Sito Rivera (saxo tenor) Daniel Rodríguez (trombón)
Concerto de agrupacións do conservatorio: Grupo de canto, coros e orquestra de grao profesional.
Tipo de espectáculo: música clásica / Recomendado para todos os públicos
Tras o sold out na mítica sala La Riviera, Alice Wonder está a vivir un ano que promete consagrala dentro do panorama musical nacional. Está á cabeza dunha nova escena emerxente cun gran público novo, libre de prexuízos. A artista madrileña caeu como un raio de luz coa súa participación no Benidorm Fest, no que presentou o seu single "Yo quisiera" con máis de 500.000 streams en plataformas nas primeiras 3 semanas.
Con The Sonics comezou todo. Polo menos o movemento punk, que naceu con eles en 1960, precederon a todos catro anos cun rock ‘n’ roll de tres acordes e letras sobre mulleres malvadas ou drogas, un explosivo son e actitude con guitarras fuzz, berros salvaxes e ritmos contundentes.
Nada hai 22 anos na Palma, a terceira das irmás Castro pertence a esa xeración novísima familiarizada coa terminoloxía do trap, os tanganas, o reguetón ou o perreo, pero a súa voz, en aberto contraste, álzase sabia, enraizada e antiga, coma se proviñese dunha muller maior e coa alma ferida polos pesares da vida. "Non son tan, tan vulnerable como as miñas cancións, mais aproxímome moito como persoa a esa mesma vulnerabilidade. Pola contra non podería ser cantante: sentiríame actriz. E eu necesito que a miña identidade e a miña vida coincidan co que logo reflexo a través da música".