Alejandro Vargas
Alejandro Vargas, pianista e compositor radicado en Santiago de Compostela presenta en estrea absoluta, e dentro das Festas da Ascensión, un concerto-gravación do proxecto a Piano Solo, Sintetizador + Obxectos Sonoros.

Alejandro Vargas, pianista e compositor radicado en Santiago de Compostela presenta en estrea absoluta, e dentro das Festas da Ascensión, un concerto-gravación do proxecto a Piano Solo, Sintetizador + Obxectos Sonoros.
A pesar de todo é o cuarto lanzamento do grupo de rock asturiano, un directo que percorre a andaina da banda desde os seus inicios en 2010, rescatando temas e levándoos ao son actual do conxunto, 20 temas de puro rock, metal punk, que mostran a contundencia que teñen en directo, cun son cru, elaborado e potente.
A banda viguesa Os Marcianos comeza a xira de presentación do seu novo disco «Cápsula de evasión»(Clifford Records, 2023), que lles levará por cidades como A Coruña, Lugo, Madrid ou Vigo ademais de diferentes festivais este próximo verán.
O disco, producido por Carlos Hernández (Carolina Durante, Triángulo de Amor Bizarro, Os Planetas...) é unha colección de cancións que se moven entre sons dreampop, jangle pop ou shoegaze, cunha enerxía e uns retrousos que lles sitúan nunha das bandas máis interesantes ás que seguir nestes momentos.
A Ver Puerca é unha banda uruguaia de rock formada en 1995, integrada por Sebastián Teysera, alias o Anano (voz); Nicolás Mandril Lieutier (baixo); Sebastián Cebola Cebreiro (voz); José Pepe Canedo (batería); Rafael Dei Belo (guitarra); Santiago Butler (guitarra); Carlos Coli Quijano (saxofón); Alejandro Piccone (trompeta) e Diego Méndez (teclados). Lucas De Azevedo foi baterista da banda ata metade do 2004, cando tivo que abandonar a banda debido a problemas de saúde.
Fundador de bandas como Alpargata ou Son Cremita e creador de clásicos como o chotis-fusión ou a rumba Illuminati, este compositor madrileño presenta o seu novo proxecto xunto á Wachuma, banda formada por músicos españois e latinoamericanos.
O seu último traballo, Sementes, é unha viaxe por diversos estilos que vai desde o son á plena, revisando con mestría ritmos e folclores ibéricos e latinoamericanos. Todo iso coa característica ironía das súas letras, sempre tinguidas de crítica social e notables dose de humor.
Ana Lua Caiano explora a fusión musical, a través da combinación de música tradicional portuguesa con música electrónica e sons cotiáns, do día a día. As súas melodías remiten á tradición en unión con sintetizadores, beat-machines e sons tomados da vida cotiá.
	O EP Cheguei tarde a ontem atópase entre os mellores Best Releases of 2022 en Portugal, onde foi moi ben recibido polo público e a crítica.
Ivankovà é o proxecto en solitario de Irene da Cova, artista musical afincada en Galicia. Nos seus traballos investiga a idea do transo a partir da emocionalidad, cunha vocación terapéutica que recolle e reinterpreta o xénero New Age. Utilizando o mantra e a repetición en composicións de longo desenvolvemento, Ivankovà convídanos a transitar por paisaxes sonoras que encarnan a súa visión particular do espectro gótico e a fantasía neo medieval, nos que longos drons de órgano analóxico, sintetizadores e etéreas composicións vocais son protagonistas.
Angélica Salvi é arpista, especialista en improvisación e música contemporánea e experimental. Como solista colaborou cos compositores Takayuki Rai, Kaffe Matthews e Joseph Waters; improvisado con Butch Morris, Evan Parker e Han Bennink e diversas formacións de música contemporánea como Modelo 62, BrokkenFabriek e Remix Ensemble. Ensina arpa no Conservatório de Música do Porto e traballa en diferentes proxectos transdisciplinarios.
Angélica Salvi é unha arpista, compositora e artista sonora española afincada no Porto desde 2011. Conta cunha dilatada carreira artística na que traballou con compositores como Takayuki Ray, Joseph Waters, Heiner Goebbels, Stephen Andrew Taylor e tamén con músicos de improvisación como como Butch Morris, Evan Parker, Joëlle Léandre e Han Bennink.
É xa un dos novos artistas máis estimulantes do Reino Unido. SIPHO. volve con novo single, 'Arms', xa dispoñible vía Dirty Hit, a súa primeira publicación desde o aclamado EP 'She Might Bleed' lanzado en febreiro de 2022. Un tempo no que o músico non deixou de recibir eloxios, sumando aparicións en programas como o Later... with Jools Holland da BBC2; en varias listas One To Warch 2022 da NME; e en cabeceiras da talla de The Guardian, DIY Magazine, The Fader ou BBC Radio 1