Evento: De Profundis

De Profundis
martes, 29 marzo, 2022 - 19:00
MARCO - Museo de Arte Contemporánea,
Vigo

De Profundis

Proxección da película de Miguel Anxo Prado.

Conta unha historia marabillosa, onírica, con raíces nos mitos das culturas atlánticas, dos pobos asomados a este Pai Océano. Pretende adoptar a estrutura simple das narracións tradicionais e recrear as sensacións fabulosas dos contos mitolóxicos. Os personaxes principais son un pintor que soña ser mariño e pescador, e unha muller que toca o violonchelo, namorados e habitantes dunha casa no medio do mar.

O coloquio posterior contará con intérprete de lingua de signos, e durante a proxección utilizaranse mochilas vibratorias, grazas á colaboración do Concello de Nigrán na súa cesión e uso para esta actividade.