Evento: Un día con Peter Hujar

Un día con Peter Hujar
xoves, 11 xuño, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Un día con Peter Hujar

Ira Sachs, 2025

Peter Hujar foi unha figura clave da cultura neoiorquina dos anos setenta e oitenta, recoñecido sobre todo polas súas fotografías en branco e negro para marcas de moda e revistas e por retratar sen ambaxes a comunidade queer.

O cineasta independente Ira Sachs toma unha conversa de 1974 descuberta hai pouco, gravada pola súa amiga escritora Linda Rosenkrantz, e ficcionaliza a súa transcrición. A conversa encapsula en poucos minutos a escena artística do Nova York deses anos, trazando as dificultades dun tipo como Hujar para se abrir paso e ser comprendido na mesma.

Cunha minuciosa e elegante reconstrución de época, brilla Un día con Peter Hujar polos seus actores, que se entregan en corpo e alma á tarefa de encarnar ó fotógrafo e á escritora. Magníficos Ben Whishaw e Rebecca Hall.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Curtas Kleber Mendonça Filho
15 de setembro
Filmoteca de Galicia
Ladrón de bicicletas
Ladrón de bicicletas
15 de setembro
Filmoteca de Galicia
Milagro en Milán
16 de setembro
Filmoteca de Galicia
Silesia
16 de setembro
Filmoteca de Galicia