Evento: Festival Internacional de Folclore de Narón

Festival Internacional de Folclore de Narón
sábado, 15 xullo, 2017 - 21:00
Pazo da Cultura de Narón,
Narón

Festival Internacional de Folclore de Narón

Participan formacións de Portugal, Chipre, Cuba, Canarias e Galicia

O Festival Internacional de Folclore de Narón forma parte da ampla actividade que o Padroado da Cultura do Concello de Narón realiza no eido da cultura tradicional, potenciando a valorización das manifestacións que conforman a nosa identidade cultural.

Este Festival pretende dar a coñecer á veciñanza de Narón as diferentes manifestacións folclóricas do mundo.

Na 27 edición do Festival Internacional de Folclore contarase coa participación de:

Banda de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón
Grupo de Baile tradicional “Alxibeira” do Padroado da Cultura do Concello de Narón
Agrupación folklórica- Asociación Cultural Acoidan- Tenerife
Grupo de Danzas e Cantares Rexionais do Orfeão da Feira- Portugal
Kyrenia Youth Center Association- Chipre
Conxunto Artístico Telón Abierto – Cuba

*Entradas á venda na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de 2€
+info 981 102 897

Máis información, aquí.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos