Evento: Museo Encantado

Museo Encantado
venres, 7 agosto, 2026 - 19:00
Parque do Espiñeiro. Portonovo,
Sanxenxo

Museo Encantado

Un espectáculo de maxia de Dani García

O Museo Encantado é un novo concepto de espectáculo de proximidade. Unha instalación participativa que o público pode percorrer e desfrutar con total seguridade e sen aglomeracións.

Esta instalación está composta por catro micro-espectáculos de maxia completamente diferentes en ritmo, estética e concepto máxico.

- Unha caseta onde un autómata preparado para ler o futuro sorprenderá con incribles xogos de maxia.

- Unha cabina de teléfono londiniense , na que a audiencia vivirá e sentirá a maxia a través de un vello teléfono.

- Un fotomatón que permite experimentar a maxia tecnolóxica do século XXI, viaxando polo mundo e facendo maxia interactiva a través de unha pantalla.

- Un antigo confesionario de igrexa, onde nada é o que parece e non está quen debera, a quen lle regalaremos unha confesión que nunca pensamos que faríamos.

Ente cada instalación máxica poderemos desfrutar de pequenas pezas ou ilusións de maxia que nos transportarán ou darán a clave para seguir desfrutando do momento. Guiará o noso camiño un curioso comisario da exposición, a alma que xuntou todos estes encantos para o noso deleite.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

A libraría máxica
25 de agosto, 11:00
Praza da Constitución - San Cibrao das Viñas - Ourense
Lúa quere viaxar a... Marte!
25 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
antuan de la cream
Antúan de la Cream 
26 de agosto, 12:00
Espazo Cultural Lorenzo Varela - Monterroso - Lugo
Cambia o conto
26 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña