Evento: Antúan de la Cream 

  • antuan de la cream
Antúan de la Cream 
mércores, 26 agosto, 2026 - 12:00
Espazo Cultural Lorenzo Varela,
Monterroso

Antúan de la Cream 

Espectáculo de novo circo a cargo de Antúan de la Cream

Se existe unha montaña rusa do riso, esa é Antuán de la Cream. O espectáculo que presenta é unha viaxe humorística ao máis puro estilo Clown. Nel oscilará dende a serenidade ao nerviosismo, provocando gargalladas que acompañarán ao seu público por este periplo onde Antuán case nunca perde o control…

A naturalidade e o salero desta personaxe logran conectar velozmente co público. Coa inquietude que o caracteriza, e como bo amante da improvisación, a este pallaso encántalle verse en problemas e facer da resolución destes o momento triunfal da velada. Un carrusel de emocións do que ninguén quererá baixarse.

“Antuán de la Cream é ao circo o que a auga é á vida, algo imprescindíbel e tremendamente fresco." - María von Touceda

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Baila un vestido verde
19 de agosto, 12:00
CPI Pío Cabanillas - Dozón - Pontevedra
Que anos aqueles…
19 de agosto, 20:30
Praza da Igrexa - A Fonsagrada - Lugo
A banda no rock
20 de agosto, 18:00
Parroquia de Manduas (Bandeira) - Silleda - Pontevedra
TIN
20 de agosto, 20:00
Paseo marítimo de Xubia - Neda - A Coruña