Evento: A banda no rock

A banda no rock
xoves, 20 agosto, 2026 - 18:00
Parroquia de Manduas (Bandeira),
Silleda

A banda no rock

Un espectáculo musical da Cova das Letras

A Banda no Rock é un concerto didáctico onde se conta a famosa historia de PINCHO e PÚA. Pertencer a un colectivo que comparte as túas paixóns é unha gran rede de apoio. PINCHO, non está a pasar por un bo momento, mais grazas ás amigas, ao grupo e á música, vai superar todas as adversidades ou polo menos levalas mellor. 

A Banda no Rock é un espectáculo cheo de forza e vida , un concerto onde a banda será a protagonista. A través de PINCHO e PÚA coñeceremos o estilo rock and roll , descubriremos que o hit non é un paiaso que mete medo, bailaremos swing e converterémonos nunhas auténticas estrelas do rock. O importante non é a meta, senón o proceso.

 

Ficha artística

Autoría, dirección, adaptación, coreografía e escenografía: Cris Collazo

Deseño sonoro e música: Manu Paino

Deseño iluminación: Manu Paino e Cris Collazo

Vestiario: La Canalla

Elenco artístico: Josito Porto e Cris Collazo

Máis eventos de tipo Concerto

A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María
Diamond Dogs
18 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5