Evento: Cambia o conto

Cambia o conto
mércores, 26 agosto, 2026 - 20:00
Praza da Constitución,
Cee

Cambia o conto

Espectáculo musical da man de Música Miúda

Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrastra malvada… Sempre a mesma leria… ou non? Aquí, dámoslle a volta! Ven cambiar o conto connosco!

Concerto-contacontos no que se traballan os estereotipos de xénero a partir de contos tradicionais, adaptándoos e creando novos relatos cunha perspectiva non sexista. Descubriremos as verdadeiras historias da Carapuchiña e da pequena Serea, onde elas son as protagonistas que deciden o seu destino, con novos personaxes como o Pirata Efrén e a Avoa Lola. 

A rapazada ten un papel activo, participando na contada das historias e nas cancións, nun espectáculo totalmente interactivo, cheo de música e diversión. Todos os contos e cancións son orixinais e pertencen ao libro-disco Cambia o conto (Galaxia, 2022), da propia banda.

Máis eventos de tipo Concerto

NoitiNHas 2026
9 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
A Voz Humana
11 de setembro
Avenida do Burgo das Nacións
Kenny “Blues Boss” Wayne
13 de setembro
Rúa de Concepción Arenal, 5
Legends Tour
17 de setembro
Auditorio Municipal Manuel María