Evento: Merenda con pan de millo

Merenda con pan de millo
martes, 11 agosto, 2026 - 11:30
Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey,
O Grove

Merenda con pan de millo

Un espectáculo familiar de Migallas Teatro

Merenda con pan de millo é un espectáculo de pequeno formato  baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral,  co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor. Os temas musicais que se interpretan son: Pinocho, Pan de millo, O piollo e a pulga, Unha vella tiña un can, Que cousa, cousiña é? e Miña Abuela Manuela.  A música está gravada (toca unha banda de pulgas) mais as voces solistas son en vivo.

Os temas que se tratan, entre outros, son: a importancia da relación entre avós e netos; a transmisión da lingua, os xogos, as cancións e a cultura tradicional; o coidado das mascotas; o coñecemento e respecto da natureza; a alimentación sa ou a colaboración fronte á competición.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Danza 3 | O Fiadeiro
12 de setembro
Praza de Bugallal
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
20 de setembro
Praza do Concello
Danza 3 | Xacarandaina
3 de outubro
Paseo marítimo de Moaña