Evento: Retrincos de Castelao

Retrincos de Castelao
venres, 24 xullo, 2026 - 20:00
Bertola,
Vilaboa

Retrincos de Castelao

Espectáculo de teatro a cargo de Artefeito

Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao fan un achegamento ao particular humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da nosa cultura e da nosa historia.

A través dun texto de Diego Rey, no que teñen cabida cinco historias e unha ducia de debuxos dramatizados de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a obra fai un percorrido por algúns dos textos e viñetas deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo, ofrécennos un mosaico composto de retrincos dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.

A partir da mirada de dous mortos, Pedro e Zeltia, de épocas, inquedanzas e idades moi diferentes e dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. E grazas a ese ollo e o seu particular ollar seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente.

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

antuan de la cream
Antúan de la Cream 
26 de agosto, 12:00
Espazo Cultural Lorenzo Varela - Monterroso - Lugo
Cambia o conto
26 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña
Historias para escagarriñarse
27 de agosto, 12:00
CEIP O Pumar. Urdilde - Rois - A Coruña
Dende arriba
27 de agosto, 20:00
Praza da Constitución - Cee - A Coruña