Evento: Os Carunchos - Unha gorxa chea de paxaros

Os Carunchos - Unha gorxa chea de paxaros
domingo, 10 maio, 2026 - 19:00
Auditorio Lois Tobío,
Gondomar

Os Carunchos - Unha gorxa chea de paxaros

Concerto homenaxe ao poeta Manuel María

Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Un traballo de celebración do 30 aniversario da formación cun repertorio dedicado integramente ao gran Poeta da Terra. Deste encontro prodixioso entre a música e a palabra xorde  UNHA GORXA CHEA DE PAXAROS, un traballo inzado de versos, cos que celebrar a longa vida dunha das bandas fundamentais da música tradicional galega.

Os Carunchos nace a  finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que teñen participado nos máis importantes festivais folk do país.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Rock and magic
19 de abril, 17:30
Auditorio Municipal de Goián - Tomiño - Pontevedra
Berenguela na gaiola
BERENGUELA NA GAIOLA
19 de abril, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Tavole
19 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Isaura e Tristán. Contahistorias
19 de abril, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo