Evento: Coa cabeza nas nubes

Coa cabeza nas nubes
domingo, 26 abril, 2026 - 18:00
Auditorio Municipal ,
Vigo
Un espectáculo teatral de Cía. SÖA.

COA CABEZA NAS NUBES é un espectáculo multidisciplinar que combina teatro físico, danza e clown para público familiar. En escena, dous personaxes conviven no mesmo espazo. Un deles, afogado polo traballo, tenta sobrevivir baixo unha morea de papeis. As tarefas non deixan de acumularse... non dá feito con todo o que hai que facer!

A súa compañeira, en vez de botarlle unha man, interrompe constantemente e só pensa en xogar. Será posible que non atope tempo para xogar con ela? Un pouquiño? Un instante sequera?

Entre ambos desátase unha divertida batalla chea de humor e acrobacias, onde se confrontan dúas visións da vida. Canto tempo lle dedicamos ao traballo? E ao xogo?. Estamos traballando demasiado? Queda aínda tempo para xogar?

 

Ficha artística

Autoría e dirección: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco 

Escenografía: Marcos Covelo

Deseño son e música: Elba Souto

Deseño iluminación: Violeta Martínez Rivera

Vestiario: Miriam Cartagena

Coreografía: Martín Blanco

Elenco artístico: Carlota Rosón Rojo e Martín Blanco Mouro

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sen Patrón
21 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Os senteito
28 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Natureza e Cultura
31 de xullo, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Royal
25 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo