Aurora
Esta creación mistura teatro de actor e videocreación co desexo de profundizar a experimentación do Elefante Elegante ó redor das linguaxes visuais. A música conecta a acción no escenario coa acción proxectada en video creando un universo máxico, cómico e misterioso.
Aurora é a historia do encontro dun aviador coa raíña das coruxas, que coma todas as coruxas, lle gusta mais a noite que o dia. Cando escurece, sintese mellor que nunca. Voa de un lado para o outro, axita as ás e asubia como o vento. Pero ao mencer, enchese de tristura. O sol queima a súa pele e cega os seus ollos.

