Voces para Morgana
Cedemos o noso espazo para acoller Voces para Morgana, unha lectura pública da obra de Begoña Caamaño. Esta iniciativa, proposta polo Festival Atlántica, conmemora o ano das Letras Galegas dedicado á autora.
Amigas e amigos de ASPANAES, poetas, lectoras, persoas do mundo da cultura e público en xeral lerán ou narrarán textos da súa obra. A súa palabra, feminista, lúcida, combativa e fondamente humana, seguirá viva nas nosas mans e nas nosas voces.
