Busca

Páxinas

Estado de tramite:

  • O CGAC aborda en Cara a onde? os cambios culturais e sociais desde a literatura
03/03/2015

Bernardo Atxaga, Suso de Toro, Carme Riera e Bradley Epps participan, entre outros, neste ciclo que se desenvolve do 7 de marzo ao 20 de xuño, baixo a dirección do escritor Alfredo Conde

O profesor e ensaísta Ramón Nicolás, o editor Henrique Alvarellos e o crítico literario Xosé A. López Silva tamén participarán na iniciativa
 

  • Meshk Ensemble actuará na Cidade da Cultura
03/03/2015

A Cidade da Cultura, un dos novos escenarios do ciclo, acollerá o 28 de marzo un espectáculo de música turca a cargo de Meshk Ensemble

Promovido polo Concello de Santiago e a Consellería de Cultura e Educación, o festival porá en diálogo diferentes tradicións musicais do 27 de marzo ao 5 de abril

Estado de tramite:

  • Axudas ao desenvolvemento de novos proxectos audiovisuais
03/03/2015

Contan cunha partida de 185.000 euros, que incrementa en 10.000 euros a cuantía respecto ao ano pasado, ademais de retomar o apoio aos documentais dentro da modalidade de longametraxes

Teñen como obxectivo contribuír ao financiamento da fase de preprodución de longas cinematográficas e de produtos televisivos, de xeito que se garanta a viabilidade de todo o proceso posterior e a súa chegada ás pantallas

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 4 de abril

  • Xornada informativa sobre axudas europeas a proxectos audiovisuais
24/02/2015

O director da Oficina MEDIA España achegoulles ao profesionais do sector as claves da modalidade ‘Single Project Funding’ desta liña de apoio do Programa Europa Creativa, para a que se mantén aberto o prazo de solicitude ata o 16 de abril

Na presentación da xornada, coa que se abre unha nova edición do ciclo formativo Galicia ProFilme, anunciouse a publicación o vindeiro luns da convocatoria das subvencións aos traballos de preprodución

  • Arranca o amplo programa das Letras Galegas 2015, dedicadas a Filgueira Valverde
23/02/2015

Edicións conmemorativas, exposicións, estudos, traducións e proxectos audiovisuais e dixitais, ganduxados con actividades de dinamización lingüística e de promoción e difusión da obra filgueiriana