Busca

Páxinas

29/11/2015

A iniciativa, enmarcada dentro do Plan Proxecta, vai dirixida a alumnos e alumnas de Primaria e ESO, e busca conciencialos sobre o respecto e a protección dos nosos bens

Vai na liña do establecido na nova Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, que incide en actividades específicas de difusión, promoción, protección e valorización do noso patrimonio no ámbito educativo

28/11/2015

Entre as actividades están unha discoteca para bebés, unha velada de swing, as actividades lúdico-didácticas de Findes na balea e o concerto solidario Cancións por regalos

Nadal no Gaiás complétase co tradicional concurso de postais e unha merenda moi especial na que poder gozar cos espectáculos de Odaiko e Os Tres Tenedores e degustar os mellores produtos galegos

27/11/2015

O autor expón a retrospectiva Constelacións do intanxible, organizada pola Fundación Telefónica e que se poderá visitar ata o 13 de marzo

Esta fin de semana, o 28 e 29 de novembro, González Palma impartirá un taller dirixido a artistas e fotógrafos profesionais

25/11/2015

En Oito espazos para sete miradas autores e autoras do país veciño ofrecen a súa visión das catedrais do norte de Portugal

A iniciativa enmárcase no memorando de colaboración en materia cultural asinado este ano pola Consellería, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal

  • Os galegos Xabier Díaz e Fernando Barroso incorpóranse a este laboratorio de creación musical colectiva no que tamén se integran artistas de Escocia, Gales, Arxentina e Uruguai
24/11/2015

Os galegos Xabier Díaz e Fernando Barroso incorpóranse a este laboratorio de creación musical colectiva no que tamén se integran artistas de Escocia, Gales, Arxentina e Uruguai

O programa reunirá nove músicos dos cinco territorios nunha residencia artística que se desenvolverá en Bos Aires e culminará con dous espectáculos en Gales e en Escocia, este último no marco do festival Celtic Connections

  • Cartel do ciclo 'Do Audible'
23/11/2015

O Auditorio Municipal de Lalín acollerá o próximo 25 de novembro a xornada de clausura da terceira edición do programa de Cultura e Educación

Vertixe Sonora estreará obras dos compositores Andrés Nuño de Buen, Ingar Zach e Miguel Ángel Tolosa, que participará na sesión xunto co filósofo Javier Turnes