Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 645
- 646
- 647
- 648
- 649
- 650
- 651
- 652
- 653
- …
- seguinte ›
- última »
Os artistas convidados ofrecerán un concerto conxunto no Pazo da Cultura que afondará nos vínculos culturais entre Galicia e os países lusófonos
Os detalles desta duodécima entrega do evento foron adiantados nunha das presentacións inseridas no programa de Culturgal
O Xardín Literario englobará un espazo verde de 11.700 metros cadrados cunha plantación de árbores que evocará as follas dun libro, un tapiz vexetal para as paredes verticais, un estanque e un miradoiro
As obras da área de lecer para nenos inspirada nos monstros mariños de Urbano Lugrís comezarán en xaneiro e estarán rematadas a finais de marzo
O avance na rede de sendas e no sistema de iluminación fotovoltaico do Bosque de Galicia permitirá que se abra ao público ao inicio da primavera
A Feira das Industrias Culturais celebrarase ata o domingo en Pontevedra
A Consellería de Cultura promoverá no seu stand algúns proxectos postos en marcha para dinamizar o sector, tales como os programas audiovisuais e escénicos ou as campañas de animación á lectura, e tamén ofrecerá información sobre Womex 2016
Logo do recente pasamento do escritor cruceño o pasado día 26, Cultura promoverá unha serie de actividades culturais para conmemorar a un dos autores máis lidos e queridos da nosa terra
Yolanda Castaño, Anxo Fariña, Luis Menéndez e Marta Álvarez participan estes días na programación da cita editorial máis importante de Iberoamérica
A sesión centrouse nas bases da convocatoria específica para o desenvolvemento deste tipo de produtos, así como nas posibilidades do micromecenado
A Agadic e a Oficina MEDIA España organizaron esta nova xornada informativa, que tivo lugar esta tarde na Cidade da Cultura de Galicia coa participación de Jacobo Sutil, Peter Andermatt e Fernando Prieto
O traballo gañador da terceira edición do certame, realizado ao abeiro do Outono Fotográfico co apoio de Cultura e Educación, poderá verse no Pazo de San Marcos
Tras as primeiras funcións de ‘Cinzas’, a partir do día 5 chegará a quenda da escena afeccionada co XIV Festival de Teatro Amador Agustín Magán
Os públicos escolar e familiar protagonizarán a recta final desta programación da man das montaxes ‘Desperta!’ de Pistacatro, ‘A tropa trapalleira’ de Bocaberta e ‘Up2Down’ de Traspediante







