Busca

Páxinas

23/04/2016

A Consellería de Cultura e Educación publica a resolución deste galardón, co que se recoñece o autor galego máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo no curso precedente

22/04/2016

O conselleiro de Cultura iniciou con Ledicia Costas as actividades que se desenvolverán, no marco deste evento, no Instituto Arxentino- Galego Santiago Apóstol

Os centros culturais e da colectividade galega, librerías, bibliotecas e universidades acollerán tamén actos neste contexto
 

22/04/2016

A Cidade da Cultura convida á cidadanía a elixir os poemas preferidos de Manuel María e recitalos no marco dun espectáculo multimedia no que os versos irán acompañados por improvisacións sonoras de Koroiev e videocreacións de DSK

A Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá previamente un ‘Obradoiro de poesía e rap’ no que rapaces a partir de 8 anos farán as súas propias composicións

20/04/2016

Co gallo da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires, o conselleiro de Cultura e Educación e o ministro do ramo da Nación Arxentina mantiveron unha reunión

15/04/2016

Ata o 19 de xuño, pódese gozar da obra desta artista multidisciplinar pioneira en España e no panorama internacional na aplicación das novas tecnoloxías da comunicación na creación artística

14/04/2016

Norberto González, Esperanza D´Ors, Xurxo Gómez Chao, Simón Zabell, Rocío Verdejo, Alina Granados, Juan Carlos Román, Elena Fernández Prada, Suso Fandiño e Olmo Blanco son os 10 recoñecidos artistas que participan na mostra

O centro expositivo de Cultura e Educación acolle ata o 14 de xuño esta mostra que aborda os fundamentos psicolóxicos e internos da creación artística
 

14/04/2016

O secretario xeral de Cultura referiuse a esta publicación como unha valiosa canle para divulgar o resultado das actividades e das investigacións do centro, así como unha ferramenta de utilidade para a comunidade educativa e o ámbito da cultura

13/04/2016

Esta liña dotouse con 105.000 euros, incrementando nun 16 por cento o seu orzamento respecto á anterior convocatoria

A través desta adxudicación apóiase o labor de difusión destes seis certames en xéneros e formatos como o documental, as curtametraxes, o cinema independente ou o fantástico

13/04/2016

A mostra que reúne na Cidade da Cultura a historia do noso téxtil acolleu desde a súa apertura o 11 de marzo unha media diaria de 264 persoas

Conta cunha grande aceptación entre a comunidade educativa, como demostran os máis de 1.000 escolares que participaron xa nos percorridos lúdico-didácticos