Busca

Páxinas

  • Mimosas
11/05/2016

O filme de Oliver Laxe protagonizará nove dos pases da Semana da Crítica, mentres que a nova curta de Alberto Vázquez presentarase na Quincena de Realizadores

Esta presenza complétase coa actividade comercial das empresas Frida Films, Ladybug Films SL, Numax Distribución, Zeitun Films

Agadic, en colaboración co Igape, apoia a presenza destas catro empresas no ‘Marché du Film’, que arranca hoxe na cidade francesa consolidado como o principal mercado cinematográfico do mundo

 

09/05/2016

Cultura apoia unha nova edición deste evento que conmemora as Letras Galegas a través do deporte e da posta en valor do Camiño

A proba realizarase o 15 de maio na capital de Galicia, desde A Lavacolla ata o Estadio de San Lázaro, e contará cun circuíto para nenos e nenas

A inscrición para participar na carreira está aberta en www.carreirasgalegas.com 

07/05/2016

Outeiro de Rei (Lugo), 7 de maio de 2016.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, inaugurou esta mañá na Casa-Museo Manuel María a “II Xornada do Día das Letras Galegas. Manuel María” organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

06/05/2016

Trátase do primeiro encontro técnico destas características que se realiza neste eido museolóxico

05/05/2016

A mostra, deseñada en colaboración coa Casa-Museo do poeta, arrancou hoxe na biblioteca Miguel González Garcés, da Coruña, cidade onde o autor residiu os últimos anos da súa vida

Na súa apertura, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, gabou a capacidade de Manuel María de achegar a poesía ao pobo

O material expositivo desprazarase logo á terra natal do poeta, en Outeiro de Rei; e a lugares significativos da súa vida como foron Monforte de Lemos ou Lugo, entre outros
 

03/05/2016

Presentouse a programación que do 18 ao 21 de maio congregará nesta aldea do Porriño profesionais dos sectores audiovisual e musical, veciños e afeccionados de toda Galicia

Cultura volve apoiar economicamente o encontro a través das subvencións da Agadic a festivais audiovisuais
 

03/05/2016

A compañía compostelá ofrecerá unha función para escolas de teatro mañá, ás 11.30 h, e catro para público xeral o xoves, venres e sábado, ás 20.30 h, e o domingo, ás 18.00 h

Este espectáculo subvencionado pola Agadic, que supón o regreso de Voadora á creación contemporánea cun texto do premiado dramaturgo ourensán Fernando Epelde, foi seleccionado entre máis de 450 proxectos para se representar na Red Nacional de Teatros Alternativos
 

Estado de tramite: