Busca

Páxinas

21/04/2017

A Agadic adxudica 600.000 euros desta liña de axudas públicas ao sector, mediante a que cada ano se apoia economicamente a incorporación á oferta cultural de novas propostas de empresas escénicas galegas

Esta achega distribúese entre 12 montaxes de compañías de recente creación, outras 12 de pequeno formato, seis de formato medio e unha de gran formato

20/04/2017

Liberación de volumes, visitas guiadas, exposicións, obradoiros e agasallos para os usuarios son algunhas das accións que promoven co gallo desta celebración

Ademais, continuarase coa programación habitual do programa de dinamización da lectura de ‘Ler conta moito’, que ofrecerá ata o 23 de abril máis de 60 actividades por toda Galicia

As bibliotecas escolares organizan tamén cadanseu calendario conmemorativo
 

19/04/2017

Alumnado dos conservatorios de música profesional de Galicia cantarán o 2 de xuño os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño

Os escritores mindonienses son os protagonistas da nova edición desta iniciativa promovida pola Consellería de Cultura e polo Consello da Cultura Galega, que conta este ano co apoio do municipio lucense

15/04/2017

As subvencións destínanse a actividades de descrición de fondos documentais

Poden optar a elas entes locais e entidades sen fin de lucro que conten cun local destinado a arquivo e que custodien fondos do patrimonio documental de Galicia

O prazo para a presentación de proxectos remata o vindeiro 12 de maio
 

  • O Centro Dramático Galego (CDG) ultima os ensaios de Martes de Carnaval, a nova produción que a compañía teatral da Xunta de Galicia estrea o vindeiro xoves 20 na súa sede do Salón Teatro de Santiago
15/04/2017

A nova produción do Centro Dramático Galego leva a escena por vez primeira en galego os esperpentos de Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’

Baixo a dirección de Marta Pazos, dez actrices e actores interpretan os máis de trinta personaxes deste espectáculo

Cóntase coas achegas artísticas de Rut Balbís, Fernando Ribeiro, Uxía Vaello, José Álvaro Correia, Esther Quintas Salgado, Manuel Cortés, Hugo Torres, Rosa Moledo, Ernesto Arias, Gena Baamonde, José Faro ‘Coti’, María Villas e José Díaz

11/04/2017

A mostra 'José Suárez. Uns ollos vivos que pensan', inaugurada na Cidade da Cultura en 2015, chega ao Instituto da Cervantes da capital francesa tras pasar por Madrid, Bos Aires e Montevideo

O conselleiro de Cultura defende a necesidade de promover un maior coñecemento sobre un dos nomes imprescindibles da fotografía do século XX en España
 

10/04/2017

As publicacións teñen como destino as bibliotecas e axencias de lectura municipais, co fin de renovar as súas coleccións e de poñer ao dispor dos usuarios e das usuarias os títulos máis recentes en lingua galega

Esta liña de axudas, dotada con 200.000 euros, compleméntase coas subvencións para a mellora dos fondos das bibliotecas, nas que a Secretaría Xeral de Cultura investiu este ano 350.000 euros