Busca

Páxinas

18/05/2017

O secretario xeral incidiu no Parlamento na importancia de trazar os mecanismos necesarios para avanzar na persuasión arredor da lectura

Cun investimento de máis de 1,7 millóns de euros, as actuacións do departamento en 2017 para impulsar o sector tamén se centran na dinamización do comercio e no apoio á produción editorial

19/05/2017

Toda a xornada celebránse actividades lúdicas e culturais nas que se inclúen os concertos de Cé Orquestra Pantasma e Davide Salvado

17/05/2017

Xinzo de Limia, 17 de maio de 2017.- O titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu en Xinzo de Limia a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega con motivo do Día das Letras Galegas 2017, que este ano homenaxea ao escritor Carlos Casares.
 

18/05/2017

A Consellería de Cultura conmemora esta data con visitas guiadas, xogos tradicionais, música, teatro, exposicións, obradoiros e melloras na sinaléctica

A programación dos museos dependentes da Xunta pode consultarse na Axenda de Cultura de Galicia

16/05/2017

O encontro, que terá lugar do 21 ao 23 de xuño en Compostela, ten xa confirmada a asistencia de medio centenar de coñecidas produtoras e cadeas de Europa, América Latina e Estados Unidos

A Xunta de Galicia, o ICEX e a Fundación SGAE promoven a primeira edición deste evento de coprodución de ficción para televisión
 

15/05/2017

Traducida por Jacob Rogers, ‘His Excellency’ forma parte do proxecto editorial Galician Classics, da Consellería de Cultura e Small Stations Press, que xa conta con sete libros de autores como Cunqueiro, Rosalía e Celso Emilio Ferreiro
 

“Cada novo título é unha fiestra máis para proxectar a nosa cultura no mundo”, dixo Anxo Lorenzo, que cualificou ‘Ilustrísima’ como unha obra merecedora de engrosar o canon da literatura universal

15/05/2017

Coproducen esta aproximación escénica á coñecida obra de Carlos Casares, que poderá verse no Salón Teatro ata o xoves

Artur Trillo dirixe esta proposta, ademais de formar parte do elenco que lle dá vida á rica galería de personaxes que se desprega no contexto do inicio da Guerra Civil
 

  • Fotograma da película
14/05/2017

A selección conta con obras de mestres do cine moderno que o influenciaron como Andrei Tarkovski, Kaneto Shindô, Roberto Rosselini e Monte Hellman

Terá lugar do 13 ao 16 de xuño e a inscrición, libre ata completar prazas, xa pode realizarse no web www.cgai.org
 

14/05/2017

O secretario xeral de Cultura destacou que o recoñecemento destes galardóns constitúe “un reforzo do valor en prol da construción cultural de Galicia”

12/05/2017

O proxecto Libertas confórmano sete instalacións artístico-fotográficas dedicadas a outros tantos escritores e activistas en prol dos dereitos humanos

Organizada polo Centro PEN Galicia, a mostra foi inaugurada hoxe polo secretario xeral de Cultura no Museu de Alberto Sampaio de Guimarães