Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 505
- 506
- 507
- 508
- 509
- 510
- 511
- 512
- 513
- …
- seguinte ›
- última »
O Centro Galego de Arte Contemporánea, creado no ano 1990, ocupa un edificio de nova planta proxectado e construído entre 1988 e 1993 polo arquitecto portugués Álvaro Siza.
A Colección Permanente do CGAC constitúe unha das prioridades deste centro con vocacación de futuro, que procura amosar un panorama coherente da situación da arte actual. Está conformada por fondos da Xunta de Galicia, a colección da Fundación Arco e as obras adquiridas polo propio CGAC.
Esta biblioteca foi fundada no ano 1845, quedando instalada no instituto de Ourense. O 8 de decembro de 1927 un incendio remataría con boa parte dos seus fondos. Entre eles, os de maior importancia bibliográfica -arredor de 17.000 manuscritos e incunábeis-, procedentes dos mosteiros e conventos da provincia.
A biblioteca foi creada no ano 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. Dende aquela pasou por diferentes locais ata trasladarse, en 1988, ao inmoble de nova construción que ocupa na actualidade.
Ademais dos primitivos fondos provenientes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, procedentes de coleccións diversas. Hoxe en día dispón de máis de 145.000 volumes, 2.700 publicacións periódicas e 13.800 materiais especiais.
A biblioteca atópase nun edificio deseñado sobre outro anterior polo arquitecto vallisoletano Jenaro de la Fuente Domínguez no ano 1889, para albergar a Casa de Pedro Román, onde se habían de instalar unha entidade bancaria, un comercio de tecidos e o Casino Obreiro, do que nos queda a fermosa sala de lectura. Anos despois, o edificio albergará uns coñecidos almacéns de tecidos, polo que se coñece popularmente como Casa Ferro.
A Biblioteca Pública Provincial de Lugo ten a súa orixe no primeiro terzo do século XIX. Formouse a expensas das bibliotecas dos mosteiros de San Xulián de Samos e de Vilanova de Lourenzá, así como da do convento de San Francisco de Lugo.
Este arquivo é de acceso restrinxido. Así, poden consultar os seus fondos e beneficiarse do servizo de empréstamo de documentos as unidades administrativas dependentes das Delegacións Provinciais da Xunta de Galicia en Lugo.
As súas instalacións acollen fondos arquivísticos, bibliográficos -fundamentalmente lexislación para apoio á xestión das unidades administrativas- e cartográficos.
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense foi creado no ano 1943, sendo Jesús Ferro Couselo director do Arquivo de Facenda. A súa constitución tivo lugar despois dun proceso iniciado a raíz do Decreto de 12 de novembro de 1931. Este pretencía reunir os protocolos notariais e toda a documentación histórica dispersa en multitude de depósitos e dependencias de diversas entidades.
O Arquivo Histórico Provincial de Lugo créase no ano 1951 por orde do Ministerio de Educación Nacional. Non contou cun edificio de seu ata o ano 1988. A sede actual conta con seis andares, con capacidade para 20.000 metros lineais de andeis. Entre os seus fondos figuran protocolos notariais do distrito de Lugo, o arquivo municipal da capital e as contadurías de hipotecas da cidade. Ademais recolle, custodia e serve a documentación que pode ser consultada polas administracións, investigadores e cidadáns.
Contidos do equipamento:
Dispón de fondos
A Xunta colabora con 183 concellos para mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución dunha convocatoria que conta cunha achega de 424.000€
Están dirixidas á adquisición de novidades editoriais en galego e á actualización das coleccións bibliográficas
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude responde así ao seu compromiso coa modernización deste servizo á cidadanía
- O galardón busca promover a produción de pensamento sobre esta materia en lingua galega e favorecer a comunicación social das artes plásticas
- A distinción da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude conta cunha dotación de 3.000€ e ten distinguido traballos de Rosendo Cid, Laura Calvo ou Sergio Meijide
- O prazo de presentación remata o 18 de setembro e o fallo do xurado darase a coñecer antes de que finalice o ano

