Busca

Páxinas

Estado de tramite:

Estado de tramite:

Estado de tramite:

Estado de tramite:

Estado de tramite:

Estado de tramite:

Na alta montaña lucense, no límite das provincias de León e Lugo, atópase este pequeno poboado que durante séculos acolleu os peregrinos composteláns que facían o Camiño francés.

O Museo sitúase moi preto do Santuario, nunha das pallozas do conxunto. Estas son construcións adaptadas ao medio da montaña, con paredes baixas en pedra, poucos vans e un alto teito de palla moi tupido, que soporta o peso da neve e o vento polo seu grao de inclinación. Nelas habilítanse dous espazos diferenciados, un para o gando e os apeiros e outro para a familia.

O Museo foi creado no ano 1951. As administracións local e central promoveron conxuntamente este centro destinado a cubrir unha forte demanda social: a de ofrecer unha visión do nacemento e evolución da cidade de Santiago de Compostela, atendendo especialmente ao fenómeno da peregrinación.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, creado en 1894, ocupa o Pazo do Bispo. Este data orixinariamente do século XII. Con todo, presenta engadidos dos séculos XIV, XVI e XVIII. Na actualidade o conxunto está en remodelación, polo que os fondos do Museo foron trasladados ao edificio de Santa María de Europa.

O Museo organiza exposicións temporais en salas cedidas polo concello de Ourense.