Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 279
- 280
- 281
- 282
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- …
- seguinte ›
- última »
A compañía pública produce o espectáculo integrado por ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’ que, con estéticas e ambientacións diferentes, darán conta da vixencia e da valentía da obra de Valle-Inclán
O conselleiro de Cultura presentou esta proposta xunto cos responsables da Agadic e do CDG, a directora escénica Marta Pazos, o elenco de 10 actores e actrices e o resto do equipo artístico
A variada oferta artística e a súa faceta solidaria son as sinais de identidade deste encontro, que terá lugar en Boimorto do 8 ao 10 de setembro
O director da Agadic acompañou a Luz Casal e os representantes das entidades organizadoras e colaboradoras na presentación da sexta edición do evento, que nos últimos anos contou co apoio económico de Cultura
A convocatoria de subvencións da Xunta para festivais de artes escénicas e de música mantén aberto o prazo de solicitude ata o 2 de maio
Cultura e Gálix coeditan esta publicación trilingüe para dar a coñecer no exterior as novidades editoriais galegas dirixidas ao público máis novo
A obra distribuirase na Feira Internacional do Libro de Boloña do 3 ao 6 de abril, onde o sector editorial galego contará cun stand propio para a realización de reunións comerciais e de actividades cos ilustradores Santy Gutiérrez e Nuria Díaz
Estado de tramite:
Será no marco do VI Encontro Ibérico, onde se debaterá sobre o impacto do turismo nestes bens sobranceiros
Os dous escritores porán en diálogo as literaturas galega e portuguesa o próximo 29 de marzo, ás 18:30 horas, na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
A xornalista Lara Dopazo Ruibal, gañadora do I Premio Literario Nortear, moderará o encontro, promovido pola Consellería de Cultura e Educación, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal
O Festival Internacional de Documentais de Tui, que arranca este mércores, exhibirá 12 películas de autoría galega que representan distintas formas de se achegar ao cine de non ficción
O convidado especial deste ano é o controvertido director franco-canadense Dominic Gagnon, quen tamén será obxecto dunha retrospectiva no CGAI
A Xunta contribúe á organización desta mostra con 32.400 euros, a través das subvencións da Agadic a festivais audiovisuais
A directora da Amtega e o secretario xeral de Cultura participaron no encontro, no que entidades de ámbito estatal expuxeron proxectos de transformación dixital no eido cultural
A Administración autonómica puxo en marcha o pasado mes de xullo este proxecto para a dixitalizar o patrimonio material e inmaterial galego
Xa están accesibles máis de 47.000 documentos en formato dixital do Arquivo Dixital Patrimonial a través do portal Galiciana






