Busca

Páxinas

  • O festival Escenas do Cambio, organizado pola Cidade da Cultura, trae mañá a Santiago a Mursego, que ofrecerá un concerto no Centro Galego de Arte Contemporáneo
02/02/2018

Maite Arroitajauregui interpretará temas do disco 100% Oion, que gravou implicando a veciños de Oion, en Euskadi

A artista confronta a través das súas composicións os prexuízos e rumores que rodean á inmigración e serven de base para que agrome o racismo

O concerto, que terá lugar no CGAC, forma parte do programa do festival Escenas do Cambio da Cidade da Cultura

 

02/02/2018

Coordinado por Antón Reixa, o programa Pensando en cine, pensando en Galicia dá comezo mañá coa poeta Yolanda Castaño e a película Mimosas, de Oliver Laxe

01/02/2018

Cultura inviste 206.000 euros na conservación e mellora dos edificios e dos exteriores das illas de San Simón e Santo Antón

As obras contemplan a revisión, restauración e rehabilitación das construcións, así como accións para protexelas e previr a súa deterioración no futuro

As illas, situadas na enseada da ría de Vigo, teñen a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de sitio histórico desde o ano 1999

 

01/02/2018

A Agadic colabora co colectivo RPM na segunda edición das Residencias Paraíso de danza

Continúa así este programa de investigación arredor das artes do movemento co obxectivo de favorecer novos proxectos e compañías, ademais de apoiar as xa consolidadas durante os seus procesos creativos

O período de inscrición de propostas está aberto ata o 12 de febreiro e súmanse tres novos escenarios receptores aos seis participantes de 2017

 

31/01/2018

Cultura colabora coa edición desta publicación, de marcado carácter didáctico e que, a partir da última mostra do artista, revisa o seu estilo creativo

A exposición, deseñada para a Fundación RAC, estivo exposta na sede desa entidade en Pontevedra entre o 19 de outubro e o 15 de decembro de 2017

 

31/01/2018

O conselleiro de Cultura e Educación acompañou hoxe a unha delegación do Parlamento de Galicia no seu percorrido polo centro museístico

31/01/2018

O Baile de Entroido Mareiro estará animado coa música ao vivo de Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc e unha sesión de Fixemberg DJ

Será o luns 12 de febreiro a partir das 17:30 horas no Museo Centro Gaiás, destinado a públicos de todas as idades a partir dos 3 anos

O Gaiás amplía este ano a súa oferta de actividades de Entroido programando ademais dous obradoiros infantís de máscaras os días 12 e 13 de febreiro

 

30/01/2018

A Biblioteca de Galicia pon en valor a obra do artista Camilo Díaz Baliño cunha exposición de máis de 50 pezas do seu arquivo persoal 

A súa labor como escenógrafo, como ilustrador de publicacións e como pintor simbolista centran a mostra, que exhibe ata o 7 de marzo debuxos, manuscritos, libros, fotografías e documentos persoais do autor

Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada enmárcase na programación conmemorativa do Día da Ilustración promovida por Cultura e pola AGPI

 

  • Un dos documentos que se poden atopar en Galiciana
30/01/2018

Cultura presenta en Madrid o proxecto da Memoria Dixital de Galicia

Anxo Lorenzo explicou esta tarde na Comisión Sectorial de Asuntos Culturais as principais iniciativas deste proxecto, entre as que destaca Galiciana coa biblioteca e o arquivo dixitais de Galicia

30/01/2018

Román Rodríguez presenta a nova etapa da Rede Galega de Música ao Vivo, que en 2018 duplica o seu orzamento 

Vinte e tres salas de 14 localidades foron seleccionadas para este nova xeira do circuíto, dentro do que ofrecerán 145 concertos de 48 grupos durante o primeiro semestre do ano

A Agadic consensuou coas principais asociacións do sector unha revisión das normas de funcionamento da rede para reforzar a súa programación e mellorar as condicións de contratación das bandas