Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Miseducation Of Cameron Post

Esta película, proxectada dentro do OUFF 2018, conta a historia dunha moza de doce anos, que tras a morte dos seus pais, ten que vivir coa súa tía, unha muller moi conservadora. A vida da moza complícase aínda máis cando é obrigada a entrar nun centro de rehabilitación para persoas homosexuais despois de ser descuberta co seu mellor amiga nunha situación algo comprometida. 

Galego

Novos Cinemas #03

Nesta terceira edición de Novos Cinemas a Sección Oficial presenta a que probablemente sexa a súa proposta máis ambiciosa ata o momento. Nove primeiras ou segundas longametraxes, case na súa totalidade inéditas en Galicia –tres delas estreas estatais absolutas–, que permiten albiscar unha exquisita panorámica en torno ás formas do cinema contemporáneo.

Galego

O día máis curto

Celebración do Día da Curtametraxe no solsticio de inverno, o día máis curto do ano.

É un evento anual que xa se celebra con éxito noutros países europeos. O obxectivo principal é dar a coñecer a curtametraxe ao público a través de proxeccións de balde nas rúas e en todo tipo de espazos: prazas, colexios, museos, hospitais, comercios, bares, etc.

Evento aberto, a escala nacional, organizado pola Coordinadora del Cortometraje Español. 

Galego

#Cineuropa32

O festival Cineuropa é unha das citas clásicas do calendario de festivais de cine en Galicia. Do 7 ao 28 de novembro Compostela acolle a súa trixésimo segunda edición. Ao redor de 300 filmes incluídos en 21 seccións son os protagonistas da programación, que se reparte por varios espazos da cidade como o Salón Teatro, os Multicines Compostela ou o Teatro Principal. 

O programa complétase coas seccións LatidoAmericano, Fantastique Compostela, Docs Cineuropa, Cinefilias, Cult Movies (que inclúe unha lembranza especial ao cineasta Claude Lanzmann) e o tradicional Maratón.

Galego

La flor (Parte 3)

Argentina, 2018

Director e guión: Mariano Llinás. Fotografía:  Agustín Mendilaharzu. Intérpretes: Elisa Carricajo, Valeria Correa, Pilar Gamboa, Laura Paredes

Sinopse: La flor é un monumental complexo narrativo integrado por seis historias independentes e sucesivas. O punto de unión que teñen entre si é que cada unha delas está protagonizada polas catro mesmas actrices

Galego

La flor (Parte 2)

La flor (Parte 1)

The Red Angel

Xapón, 1966

Director: Yasuzô Masumura. Guión: Ryôzô Kasahara. Intérpretes: Ayako Wakao, Shinsuke Ashida, Yusuke Kawazu.

Sinopse: Narra a historia de amor entre unha enfermeira e un médico adicto á morfina en plena fronte de batalla

Galego

Curtametraxes Johann Lurf

Nesta sesión ordenada en tres partes definidas, o espectador poderá deixarse ir, coma se dunha atracción dun parque temático se tratar, por un itinerario de pezas que experimentan co tempo fílmico a través de diferentes técnicas que van do found footage, división multipantalla nun único plano, contraposición de movementos lentos de cámara con bandas sonoras aceleradas, cortes de plano inverosímiles ata a ruptura de raccord. (Tito Rodríguez, Catálogo FICX 2018)

Galego

A estación violenta

España, 2017

Director: Anxos Fazáns. Intérpretes: Xiana Arias, Xosé Barato, Nerea Barros, Laura Lamontagne, Alberto Rolán, Antonio Durán “Morris”

Sinopse: A estación violenta é pura resaca: nostalxia, desgraza, soños perdidos, o rock como unha das formas en que a mocidade resiste.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual