Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Aliens+ El viaje a Kioto

Aliens
(España, 2017)
Director e guión: Luis López Carrasco.Fotografía:  Ion de Sosa. Montaxe:  Luis López Carrasco, Sergio Jiménez
Produtora(s):  Luis López Carrasco. 23 min.
Sinopse: O mundo é algo estraño, alleo a todas as miñas emocións? Un alien é unha persoa estranxeira, allea ou excluída. 

Galego

Bajo las piedras

(España, 2018)

Director: Jesús Sú. 64 min.
 
Sinopse: O filme estrutúrase en dúas partes. A primeira, aberta, serve de soporte para que o espectador se dedique a un exercicio contemplativo. Trátase da creación dun tempo fílmico. Coa noite, o filme cambia a unha parte simbólica: execútase unha ficcionalización do sagrado.

Galego

El reverendo

(Australia, Estados Unidos, Reino Unido) 2017

Director: Paul Shrader. Interpretes: Ethan Hawke, Amanda Seyfried, Cedric the Entertainer. 113 min.

Sinopse: Cando unha freguesa embarazada lle pide consello O reverendo Ernst Toller sobre o seu marido, un ecoloxista radical, Toller mergúllase no seu atormentado pasado e atópase a si propio cuestionando o seu futuro e o paradoiro da redención.

Galego

Cartas de la guerra

(Portugal, 2016)

Director: Ivo Ferreira. Intérpetres: Miguel Nunes, Margarida Vila-Nova, Ricardo Pereira, João Pedro Vaz, João Pedro Mamede. 105 min.

Sinopse:A vida de António Lobo Antunes vese brutalmente interrompida cando o exército portugués o recruta para exercer como médico nunha das peores zonas da guerra colonial, o leste de Angola.

Galego

Madame Hyde

(Bélxica, Francia) 2017

Director: Serge Bozon. Intérpretes: Isabelle Huppert, José García, Romain Duris, Pierre Léon, Guillaume Verdier. 95 min.

Sinopse: Unha tímida profesora de física nun instituto, durante unha noite de treboada é atravesada por un raio e cae desmaiada. Cando acorda, séntese diferente, enchoupada dunha nova enerxía, tan misteriosa como perigosa

 

Galego

Cinema no Hío

Cinema no Hío proxecta as curtas Matria e Massó no recordo, nunha noite temática sobre a industria conserveira.

Matria, obra de Álvaro Gago, premiada en Sundance e finalista aos Premios Goya na categoría de curtametraxe de ficción, segue a historia de Ramona, traballadora nunha fábrica de conservas. Massó no recordo, de Ángel Santos, segue a historia da fábrica de conservas e factoría Massó de Cangas dende a súa apertura en 1941 ata o seu peche nos 80. 

Galego

Pedrón do Freixo

Angel Cordero dirixe este documental que narra a vida de Pedrón, veciño do lugar de Vilar, da parroquia Pontesa de Freixo que convive soamente cos seus cans, gatos e galiñas. Pedrón é un exemplo dunha vida dura e pura, e así se transmite neste documental.

Galego

El viaje de Carla

Fernando Olmedo dirixe este documental que repasa a vida de Carla Antonelli, unha das máis destacadas activistas que loitan pola igualdade en España e referente nacional e internacional do colectivo LGTB.

Trinta e dous anos despois de deixar a súa terra natal, Tenerife, Carla volve ao seu pobo despois de ter conseguido unha existencia acorde á súa identidade e xénero. Durante o documental, e o debate posterior, a actriz e activista fará balance do camiño percorrido.

Galego

Entrar aos Vilares

A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés organiza un pase de Entrar aos Vilares, que forma parte do proxecto "Os Vilares, lareira de soños". Este documental é o resultado da tentativa de explicar un lugar partindo de cero, comprender o que é a parroquia dos Vilares -terra natal do poeta Xosé María Díaz Castro- e o que significa para a xente que vive alí. Está dirixido por Cibrán Tenreiro.

 

Data: 18 de xaneiro, ás 19:00 horas

Lugar: Salón de actos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual