Obradoiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A posta en escea da comunicación

Falar é fácil. O difícil é que as túas palabras conten: conectar con quen che escoita, xa sexa un individuo, un pequeno grupo, ou unha gran audiencia.

A conexión coa túa audiencia constitúe a base da influencia. Sen conexión non hai verdadeira comunicación. Para ter éxito na vida debes traballar con outras persoas. E para obter o máximo destas relacións, debes aprender a conectar.

Obradoiro de teatro con diferentes propostas prácticas, derivadas das técnicas de comunicación e actorais dirixidas a mellorar a súa capacidade para a oratoria e de proxectarse cara os demais.

Galego

Edición do noso propio libro

Tendo en conta diversos tipos de papeis con diferentes texturas, a rapazada poderá editar o seu propio conto ou historia favorita ou inventada creando un libro propio acorde aos seus gustos ao máis puro estilo scrapbooking.

Público infantil de 7 a 12 anos.

Espazo de obradoiros da planta baixa.

20 prazas

Inscrición previa a partir do 26 de marzo ás 9:00 a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

Galego

Artes galegas 2024: Asorey, un escultor monumental

Francisco Asorey está considerado como un dos máis grandes escultores galegos de todos os tempos e este ano réndeselle homenaxe no Día das Artes Galegas 2024.

Nós imos celebralo dun xeito especial: cun obradoiro creativo no que nenas e nenos experimentarán co proceso creativo do artista facendo a maqueta dun monumento escultórico propio e a reprodución reducida dunha obra de Asorey que poderán levarse a casa.

Galego

Arte sobre fotografía

Esta semana, por ser a de Semana Santa , temos unhas actividades extraordinarias para os pequenos da casa (de 6 a 11 anos). 

Empregando diferentes técnicas transformaremos un recorsod ixital en algo fício e que poderemos gardar para sempre. Utilizaremos para elo a técnica de transferencia fotográfica, converteremos a nosa foto nunha obra de arte lista para expoñler a tod@s!

Inscricións nos teléfonos 988 788385 / 386.

Galego

O meu marco de foto

Esta Semana, por ser a de Semana Santa , temos unhas actividaes extraordinarias para os pequenos da casa (de 6 a 11 anos). 

Crearemos os nosos marcos de fotos personalizados e así teremos un recordo físico dun momento especial. Realizaremos diferentes tipos de opcións para que cada participante cree o seu propio deseño. 

Inscricións nos teléfono 988 788385 / 386

 

Galego

Obradoiro de Cianotipia

Esta Semana, por ser a de Semana Santa , temos unhas actividaes extraordinarias para os pequenos da casa (de 6 a 11 anos). 

O luns será un Obradoiro de Cianotipia que impartirá Xeitura. A cianotipia é unha técnica artesanal para imprimir negativos en branco e negro, utilizando unha emulsión que revela imaxes en tons de azul en superficies absorbentes. 

Foi creada por John Herschel en 1842 e a botánica Anna Atkins realizou as primeiras impresións en 1843 nun libro de fotografías de prantas. 

Galego

Teatro Impro das emocións

A Impro ou teatro de improvisación é unha forma de facer teatro na que as actrices e os actores crean unha historia no momento, sen un guión preestablecido.

Para facilitar o proceso creativo as pequenas e pequenos participantes deste obradoiro partirán da creación dun monicreque sinxelo co que experimentarán e realizarán exercicios de improvisación grupal para establecer un ambiente de confianza e colaboración que lles permita crear unha historia conxunta baseada nas emocións humanas.

Galego

Taller de Expresión Artística

Contaremos durante o mes de marzo cun taller de expesión artística para maiores de 16 anos que se desenrolará en 3 sesións de unha hora e media cada un os sábados 9, 16 e 23 . Nel faranse actividades de escritura e debuxo que promovan o autocoñecemento e a creativiade entre os participantes.

Coordinador: Pablo Prada Campello, psicólogo, investigador e dibuxante.

Non dubidedes anotádevos! 

Galego

Sábados Okupados na Biblio

Este sábado temos un obradoiro de poesía e teatro xa que durante o mes de marzo mes celébranse os dous días (Día da Poesía 21 de marzo e Día do Teatro 27 de marzo) a cargo de Sarabela para nenas e nenos de  + de 6 anos ás 12.00 h.

Cunha limitación de aforo máxino para asistir a el é necesario facer inscrición previa dende o venres 8 chamando aos teléfonos 988 788385 e 988788386.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Obradoiro