Festival + Que Jazz: Jean Toussaint Quartet
Jean Toussaint naceu en Saint Thomas (Illas Virxes) en 1960 e pronto se trasladou a Nova York. A finais dos anos setenta estudou na prestixiosa Berklee College of Music e comezou a tocar xunto a Wallace Roney. Desde 1982 ata 1986 formou parte de Art Blakey and the Jazz Messengers, unha das formacións imprescindibles da historia do jazz liderada por un dos mellores bateristas de todos os tempos. Nos Messengers compartiu xiras e gravacións con músicos como Terence Blanchard, Lonnie Plaxico, Donald Harrison ou Mulgrew Miller.

