Trece Roeis Fest 2021
O festival conta cun concurso de bandas en galego para tocar durante o evento. Inclúe acampada gratuíta, e adoita contar no seu cartel con nomes destacados da escena galega.

O festival conta cun concurso de bandas en galego para tocar durante o evento. Inclúe acampada gratuíta, e adoita contar no seu cartel con nomes destacados da escena galega.
Papagaio Facu, o festival de música e arte que ten lugar en Miño, A Coruña, volve á carga tras a cancelación de 2020 e celebrará a súa quinta edición os días 23, 24 e 25 de xullo.
Bala, Grande Amore, Yawners, Ortiga, Syberia, Mascada, Grima, Viúva, Turbo Kraks e Wasted Wiltons dan forma a un cartel que fará as delicias dos asistentes. Proximamente entradas á venda.
Unha homenaxe á época dourada da movida en Baiona. O evento terá lugar na Península de Santa Marta coa famosa Recta como fondo. Mais de 6 horas de música que nos trasladarán aos oitenta, desde as 18:30h ata a 1:00h.
A idea é levar a cabo un festival para Baiona, que se consolide no tempo e que recolla a varias xeracións, música sen data de caducidade que nos traslade a calquera tempo pasado foi mellor. Queremos converter Baiona nun referente da época dourada do Pop español.
Apart
Momboi
Os ritmos latinos propios da música máis «chicaracheira» suramericana, como a cumbia ou a rumba, mestúranse en Momboi con melodías jazz e funk. O proxecto naceu no verán do 2018, pero a súa semente xa levaba un tempo xerminando. Cando Brais Sánchez marchou de Barcelona trouxo as súas ideas de volta con el a Galicia. Estas renovarían a liña estilística que xa comezara a experimentar no seu antigo repertorio.
Verto
Mclan
M Clan nace en 1993 cando tras coñecerse, Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, quen tocaba en varias bandas da escena murciana, deciden crear o seu propio grupo. Así se forma o quinteto murciano que completan Pascual Saura ao baixo, Juan Antonio Otero á batería, Iñigo Uribe aos teclados, Ricarco Ruipérez á guitarra e Carlos Tarque á voz. M Clan aposta desde o principio polo rock sureño e por sons cunha clara influencia de nomes como The Black Crowes ou Led Zeppelin, referentes do southern rock dos anos 70 cuxa máxima efervescencia exprésase no directo.
Zeltia Irevire
O Encordass Fest xorde dun encontro musical para instrumentistas de corda celebrado na illa de San Simón cada ano desde o 2015. Este encontro consiste nunha fin de semana de convivencia, que en cada edición dedícase á música tradicional dun país ou rexión que ten tradición de corda na súa música popular.
Un festival multidisciplinar, que trata de integrar novas tendencias nun marco natural.
The Wild Festival trata de consolidarse como un festival de referencia. Música, deporte, empresas, educación, arte, e os máis cativos, serán os alicerces que sustentarán este evento e que integrará a todo tipo de público e sensibilidades.
The WILD lanza as 800 primeiras entradas a 15 €, e ata o 29/08/21
O DOMINGO 5 de setembro o acceso é DE BALDE con CONTROL DE AFORO.