Rompetiño Jump Festival 2022
O Rompetiño Jump é un evento anual musical, deportivo e cultural que se celebra en Porto do Son (A Coruña) a primeira fin de semana de xullo. Conta con zona deportiva (venres sábado e domingo), Music Zone (venres e sábado) e zona Chill con tendas, zona de hostalería, exhibicións, etc. O Rompetiño Jump é un evento integrador que vai dirixido a persoas de 18 a 40 anos, vinculadas á estética urbana, deportes de risco, amantes da natureza e da música.

