Loro Facu 2022: Viva Belgrado
Viva Belgrado é un grupo de post-rock procedente de Córdoba composto por Cándido Gálvez (guitarra e voces), Álvaro Moreno (batería), Anxo Madueño (baixo) e Pedro Ruíz (guitarra).
Tocaron por gran parte do mundo en máis de douscentos concertos, pasando polos festivais máis punteiros da escena musical internacional e nacional (Primavera Sound, Resurrection Fest, ArcTaGent, New Noise, etc), compartindo escenario con grupos como Radiohead, The Offspring, ou Toundra, entre moitos outros.

