Raquel Queizás: Cinema de historias da man de Alice Guy
Este espectáculo, que mestura a narración co teatro e o cinema, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias.
Será Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a súa curiosidade pola orixe da sétima arte.
Alice, desde ben pequena, escoitou contos da súa avoa que acordaron nela o amor polos libros. Co paso do tempo chegou a ser unha gran contadora de historias que logo levaría á gran pantalla.

