Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pequeno cabaret infantil

Texto de presentación da actividade

Un orixinal espectáculo que instala un vistoso teatrillo a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias e a súa artista internacional farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis crecidiños transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual e dende unha perspectiva de xénero.

 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas

Duración

50 minutos

Galego

Extra!

Texto de presentación da actividade

Extra! é o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. Un xornal que convida a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? En Extra! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas

Duración

60 minutos

Sesións

Galego

Pepiña Maruxiña quere voar

Texto de presentación da actividade

Contacontos teatralizado

Pepiña mentres busca polo xardín alguén que lle axude a voar, vai coñecendo ós diferentes insectos que o habitan. Mistura a música e diferentes elementos como globos, espuma...

Un contacontos onde a convivencia é un xeito de aprender.

Programa

Nas actividades do Día da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas

Duración

50 minutos

Galego

O que levamos nas maletas

Texto de presentación da actividade

O que levamos nas maletas é un espectáculo musical de formato individual no que Magín Blanco interpreta temas propios para os/as nenos/as como O meu país. Esta é a proposta máis cercana entre público e autor na que Magín procura a axuda e participación do público na interpretación das cancións e na resolución das cuestións que plantexa este Camiños.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (A partir de 3 anos)

Duración

Galego

Hocus Pocus

Texto de presentación da actividade

"Hocus Pocus" é un espectáculo versatil, abertoadaptado a calquer espazo de representación. Está guiado por unha peculiar personaxe "O mago Paco" que fai de cada xogo un momento diferente, nos que @s nen@s son os verdadeiros protagonistas; creando así un espectáculo propio dunha mente infantil: aluocado, ruidoso, dinámico e cheo de sorpresas.

 

 

Programa

Galego

Historias de bicharracos

Texto de presentación da actividade

É un espectáculo teatral, contacontos e musical para público infantil e familiar. Nace da necesidade de sensibilizar cara a dependencia dos máis pequenos polas pantallas e a perda do hábito lector.

Partindo dun material tradicional tratamos de darlle un novo enfoque e crear unha linguaxe actual e atractiva para nen@s e adult@s.

Para iso empregamos: impro, acting, mimo, canto, música e títeres...

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

4500 anos da incrible historia da maxia

Texto de presentación da actividade

Con esta conferencia-espectáculo pretendemos espertar o interese pola arte da maxia na xente, e nas persoas que xa son afeccionadas á maxia, achegalos á historia de tan apaixonante e sorprendente mundo. As fantásticas e sorprendentes historias da maxia, irán acompañadas, ás veces coa realización de xogos de magos doutros tempos, e noutras ocasións coa explicación dalgún xogo de maxia.

Programa

Galego

Ramona Órbita, a dona do tempo

Texto de presentación da actividade

Pakolas conta e canta a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega e científica do Courel, que posúe unha horta cibernética e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento, coa que viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo máis ecolóxico. Unha muller que racha cos estereotipos de xénero. Todo co seu estilo rockeiro que entusiasma ao público

 

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Maxia tola e lectora

Texto de presentación da actividade

Con Leo leiño e a sua maxia volverémonos tolos pola lectura

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Nenos e nenas (a partir de 6 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 06/10/2023 - 12:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de lemos

Galego

Luuume! Contacontos e taller!

Texto de presentación da actividade

O contacontos e taller Luuume! É unha actividade lúdica, educativa e creativa, na que a propia autora do conto Andrea Freire, realizará unha contada da historia do pequeno Misto, nela os cativos aprenderán como Misto a xestionar os enfados e a ira.

Na segunda parte da actividade a contadora realizará un taller creativo, na que crearán ao protagonista da historia con materias de refugallo.

 

Programa

Tardes de Contos e Lendas

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo